litíase
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: do grego antigo λιθίασις lithíasis, voz derivada de λίθος líthos, 'pedra'.
- Pronuncia: /li.'ti.a.se̯/ (AFI)
litíase
(sg: litíase; pl: litíases)
- (Patoloxía) Doenza caracterizada pola formación de pedras ou concrecións en diversos lugares do organismo, especialmente nas vías urinarias e biliarias.
- (Botánica) Enfermidade non parasitaria das peras debida á falta de humidade, que produce granulacións duras na polpa e a aparición de manchas secas e crebas na epiderme.