Saltar ao contido

Monique Wittig

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 16 de xuño de 2023 ás 13:52 por InternetArchiveBot (conversa | contribucións) (Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.9.5)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Modelo:BiografíaMonique Wittig

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento13 de xullo de 1935 Editar o valor en Wikidata
Dannemarie, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte3 de xaneiro de 2003 Editar o valor en Wikidata (67 anos)
Tucson (Estados Unidos de América) Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinfarto agudo de miocardio Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio do Père-Lachaise, 89
Grave of Wittig (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónSorbona Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoEnsaio, Estudos de xénero, feminismo e literatura francesa (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
OcupaciónFeminista, escritora
EmpregadorUniversidade de Arizona Editar o valor en Wikidata
Membro de
MovementoFeminismo materialista (pt) Traducir, feminismo radical, radical lesbianism (en) Traducir e lesbofeminismo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Participou en
5 de abril de 1971Manifesto das 343 Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeSande Zeig Editar o valor en Wikidata
IrmánsGille Wittig Editar o valor en Wikidata
Premios

Páxina webmoniquewittig.com Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1124871 Dialnet: 1960247 Musicbrainz: 3d712479-0903-4d4d-8b60-c7abf319bc8a Editar o valor en Wikidata


Monique Wittig, nada en Dannemarie, no departamento francés do Alto Rin o 13 de xullo de 1935 e finada o 3 de xaneiro de 2003 en Tucson (Arizona, Estados Unidos), foi unha escritora francesa e teórica feminista, que fixo achegas fundamentais ao lesbofeminismo, aínda que erroneamente é considerada unha autora precursora da teoría queer.[1][2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Monique Wittig naceu en 1935 en Dannemarie, no Alto Rin, Francia. No 1950 mudouse a París para estudar na Sorbona. No 1964 publicou a súa primeira novela, L'Opoponax, coa que captou a atención en Francia. Despois de que a novela fose traducida ao inglés, Wittig acadou recoñecemento internacional. Foi unha das fundadoras do Mouvement de Libération des Femmes (MLF) (Movemento de Liberación das Mulleres). No 1969 publicou o que se cataloga como o seu traballo influente, Les Guerilleres (As Guerrilleiras), o cal é hoxe considerado como revolucionario e unha fonte de controversia para as pensadoras feministas e lesbianas arredor do mundo. A súa publicación tamén é considerada como un feito fundacional do feminismo francés.

Wittig consegue o seu doutoramento na Ecole des Hautes Etudes en Sciences Sociales, despois de completar a súa tese "Le Chantier littéraire". Wittig foi unha figura central do movemento lésbico e feminista en Francia. No 1971, foi membro fundador do grupo Gouines rouges ("Tortilleiras vermellas"), o primeiro grupo lésbico en París. Tamén estivo envolta en Féministes Révolutionnaires ("Feministas revolucionarias"), un grupo feminista radical. Publicou outros traballos, algún dos cales inclúe no 1973 Le Corps lesbien (O corpo lésbico) e no 1976 Brouillon pour un dictionnaire des amantes coa súa compañeira, Sande Zeig, coautora.

No 1976 Wittig e Zeig mudáronse aos Estados Unidos, onde Wittig se centrou en producir teoría feminista. Os seus traballos, categorizados como ensaios filosóficos, como é o caso de The Straight Mind, explora as interconexións e interseccións do feminismo, lesbianismo e a forma literaria. Foi investigadora visitante en varias universidade estadounidenses, entre elas a Universidade de California en Berkeley, Vassar College e a Universidade de Arizona en Tucson. Wittig morreu dun ataque ao corazón o 3 de xaneiro de 2003.

As súas teorías, sobre todo fundacionais do lesbofeminismo, parten de postulados feministas e máis aínda de feministas lesbianas. A pesar de que foron adaptadas e retomadas desde a teoría queer, en realidade inscríbense dentro do materialismo francés, pois apuntan á afirmación de que a categoría de sexo é unha categoría social e non natural nin biolóxica. A relación de poder é a que crea a categoría de sexo, e non ao revés.[3] Neste sentido, é a relación de escravitude cara aos homes o que define as mulleres como clase. Tamén explora as relacións de significado nun contexto en que foron os homes os que definen o mundo desde a relación de si co mundo mesmo.

Unha das súas achegas fundamentais é o entendemento da heterosexualidade como un réxime político, un modo de entender e organizar o mundo, e non como unha orientación, preferencia ou práctica sexual. O materialismo francés retomado polas feministas, continúa coa postura de que toda idea e categoría é cultural, é dicir, é construída socialmente e non hai categorías neutrais. É a relación de poder a que determina esas categorías, por iso o entendemento dos homes e as mulleres como clase, e non como grupos biolóxicos.

Tamén fai un estudo respecto da función da linguaxe: afirma que a lingua perpetúa a distinción clásica do poder e toda definición que dela se desprenda; é dicir, a lingua está a disposición do masculino hexemónico para clasificar, baixo o xuízo deste mesmo, todo aquilo que se relacione con el. O grupo de recompilacións O pensamento heterosexual apunta a unha crítica forte ao sistema tradicional hexemónico heterosexual como marco simbólico de interpretación do mundo. Neste sentido, todo o creado desde o pensamento heterosexual responde á mesma lóxica, incluíndo a idea da homosexualidade que tamén é construída desde este pensamento.

Produciu a súa teoría en conxunto con outras feministas materialistas, como Colette Guillaumin, Nicole Claude-Mathieu e Paola Tabet, con quen publicou durante os anos 70 a revista Nouvelles Questions Féministes.[4]

  1. Douglas Martin. "Monique Wittig, 67, Feminist Writer, Dies". Rhe New York Times. 
  2. L. Timmel Duchamp. "In Memoriam: Monique Wittig". Fantastic Metropolis. Arquivado dende o orixinal o 08 de outubro de 2009. Consultado o 26 de outubro de 2017. 
  3. Wittig, Monique, El pensamiento heterosexual y otros ensayos
  4. Curiel, Ochy y Jules Falquet, El patriarcado al desnudo: tres feministas materialistas, Brecha Lésbica, Buenos Aires, 2005.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]