Nesgo
O nesgo[1][2] é un enfoque parcial, partidista ou tendencioso co que se trata unha información ou asunto, consciente ou inconscientemente. Se unha persoa prefire ou está predisposta cara a unha idea, posibelmente, non dea igual oportunidade a outra idea diferente.
Terminoloxía
[editar | editar a fonte]Etimoloxía
[editar | editar a fonte]Ollar ao nesgo[3] é ollar de esguello, oblicuamente; nesga é un anaco de tea de forma triangular que se lle engade a unha peza de roupa para darlle máis amplitude, ou tamén unha parte dun espazo, dun terreo ou dun río.[4][5] Neste caso o étimo remite á palabra árabe nasja ( نسخة ) que co hebreo nusákh ( נוסח ) derivan da raíz ن س خ / n-s-ḵ .[6]
Noutras linguas
[editar | editar a fonte]Equivalencias en portugués (PT), castelán (ES), inglés (EN), francés (FR) e catalán (CA).
- PT: erro sistemático (prin.) ; viés (sin.)
- ES: sesgo (prin.) ; error sistemático (sin.)
- EN: bias (prin.) ; systematic error (sin.)
- FR: biais (prin.) ; erreur sistematique (sin.)
- CA: biaix (prin.) ; error sistemàtic (sin.)
A palabra castelá sesgo é moi similar á galega nesgo, pero parece ter outra raíz etimolóxica, do latín secare ou do indoeuropeo *sed.[7]
Tipos
[editar | editar a fonte]O nesgo como ideoloxía
[editar | editar a fonte]O nesgo pode verse influenciado por unha serie de factores, como a popularidade, por exemplo, un xornal pode estar inclinado ou ter un nesgo cara a un determinado partido político porque os seus empregados ou directores compartan as mesmas crenzas políticas que ese partido.
O nesgo nun artigo ou editorial mostraría un punto de vista, utilizando feitos e citas seleccionados para apoiar ese punto de vista. Quedarían excluídos feitos ou opinións que non apoien o punto de vista nun artigo tendencioso. Por exemplo, un artigo con nesgo sobre as motocicletas mostraría só feitos sobre a boa quilometraxe, a diversión, a axilidade, etc. Un artigo tendencioso contra a condución de motocicletas mostraría feitos sobre o risco de lesións, a contaminación, o ruído, etc. e ignoraría algúns feitos positivos sobre as motocicletas.
O nesgo como prexuízo
[editar | editar a fonte]O prexuízo na escrita tamén se pode mostrar empregando palabras con carga negativa ou de argot para referirse a grupos de persoas ou cousas. As palabras ou frases que fan suposicións amplas sobre razas ou grupos de persoas tamén indican parcialidade, por exemplo Todos os chineses son bos en matemáticas.
O nesgo como erro sistemático
[editar | editar a fonte]O nesgo tamén significa erros nas medicións. Por exemplo, unha persoa pode medir a altura doutra persoa que usa zapatos. Os zapatos fan a altura máis que a mesma persoa sen zapatos. Se non se explica a altura extra dos zapatos (nesgo extra), alguén podería pensar que a persoa se medira sen zapatos. Os datos con partes extra non explicadas chámanse datos con nesgo e os resultados son erros sistemáticos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Dicionario; nesgo". Real Academia Galega. Consultado o 2022-08-12.
- ↑ "bUSCatermos; nesgo". aplicacions.usc.es. Consultado o 2022-08-12.
- ↑ "Significado de nesgo no Dicionário Estraviz". estraviz.org. Consultado o 2022-08-12.
- ↑ "Significado de nesga no Dicionário Estraviz". estraviz.org. Consultado o 2022-08-12.
- ↑ "Dicionario; nesga". Real Academia Galega. Consultado o 2022-08-12.
- ↑ "نسخة" (en inglés). 2022-07-03.
- ↑ "SESGO". Etimologías de Chile - Diccionario que explica el origen de las palabras (en castelán). Consultado o 2022-08-12.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Conflito de intereses
- Erro aleatorio
- Nesgo algorítmico
- Nesgo cognitivo
- Nesgo de mostraxe
- Nesgo de xénero
- Proba dobre cego
- Prexuízo