Nerios
Esta páxina ou sección está a editarse nestes intres. Para evitar posibles conflitos de edición, non edites esta páxina ou sección mentres vexas esta mensaxe. Revisa o historial de edicións para saber quen traballa nela. O usuario Breogan2008 (conversa · contribucións) realizou a última edición na páxina hai 4 anos. O tempo máximo de presenza deste marcador é dun mes dende a última edición do usuario que o puxo; pasado ese tempo debe retirarse. |
Os nerios (en latín: Nerii) eran unha antiga tribo celta de Gallaecia, un pobo galaico lucense que vivía no norte da actual Galicia, na rexión da Costa da Morte. Os celtas nerios (Celtici Nerii) son mencionados por primeira vez na lápida da tumba dun nobre nerio chamado Tássionos ou Taśiioono, a través dunha inscrición tartesa da Idade de Bronce descuberta en Fonte Velha, na freguesía de Bensafrim, no concello de Lagos (Portugal).
“ |
|
” |
—Estela tartesa de Taśiioono, Tradución do orixinal:[1] |
Etimoloxía
O nome dos nerios provén da raíz *nero- que quere dicir “heroe”.[2] O topónimo da comarca da Terra de Soneira aparece recollido en textos medievais como Somnaria, Sonaria ou Subnaria. Existen dúas teorías sobre a etimoloxía do topónimo. O estudoso Fernando Cabeza Quiles faino derivar de Seminaria, que se le nun documento do século IX. Outros autores inclínanse pola expresión Sub Neria, por estar situada na parte baixa da comarca poboada polos nerios.[3][4]
Orixe
Segundo Estrabón, esta tribo vivía nas proximidades de Nerium, chamado Promontorium Celticum, e situou a súa orixe como parentes dos celtas do Anas, ou o Guadiana. Segundo el, unha póla destes celtas do sur foi a que se desprazou cara ao norte ocupando partes de Lusitania e Gallaecia. Daquela, segundo Estrabón os nerios eran descendentes de tribos celtas provenientes da rexión principal de Celtiberia.[5]
Notas
- ↑ ‘Invoking the Lugoues of the Neri people, for a nobleman of the Celtae/Galtai Galicia: he rests still within; invoking every hero, the grave of Tasiioonos has received him.’Koch, John T. A Case For Tartessian as a Celtic Language. ActPal X; PalHisp 9. p. 344.
- ↑ Curchin (2008) p. 112; Luján (2006) p.724.
- ↑ Martínez Lema, Paulo (2010). A toponimia das comarcas de Bergantiños, Fisterra, Soneira e Xallas na documentación do tombo de Toxos Outos (séculos XII-XIV) (PDF). Universidade de Santiago de Compostela. Consultado o 24-6-2017.
- ↑ Lema et al. 2010, p. 13
- ↑ Alberro, Manuel (1999). "Los pueblos celtas del Noroeste de la Península Ibérica" (PDF). Anuario Britantino 22.
Véxase tamén
Outros artigos
Bibliografía
- Curchin, Leonard A. (2008) Estudios GallegosThe toponyms of the Roman Galicia: New Study. Cuadernos de Estudios Gallegos LV (121): 109-136.
- Lema Suárez, Xosé Mª; Domínguez Rial, Evaristo; Fernández Carrera, Xan; Mouzo Lavandeira, Roberto; Rei Lema, Xosé Mª (2010). A Terra de Soneira no corazón da Costa da Morte. Xerais. ISBN 978-84-9914-163-3.