Cetíidos
Cetíidos Cettiidae | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Lámina de 1905 do Reiseñor da auga (Cettia cetti) | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Distribución dos certíidos
| |||||||||||||||||||
Xéneros | |||||||||||||||||||
|
A dos cetíidos (Cettiidae) é unha familia de aves paseriformes da suborde dos páseros, infraorde dos paséridos e superfamilia dos silvioideos.
Trátase dunha familia recentemente descrita, na que a maioría dos seus membros se clasificaban anteriormente na familia dos silvíidos.[1][2]
Características
[editar | editar a fonte]- Os cetíidos son especies de paxaros pequenos e repoludos de coloracións en tons apardadadas, que adoitan teren as colas máis pequenas que os moi similares locustélidos.
- Adoitan habitaren en matogueiras e sotobosques.
- Os seus membros encóntranse principalmente en Asia e África, chegando tamén ao sur de Europa e a Oceanía.
- A maioría das especies da familia son sedentarias, pero Urosphena squameiceps é migratoria, e o reiseñor da auga (Cettia cetti) e Horornis diphone son migratorios nalgunhas zonas da súa área de distribución. Algunhas especies, como Urosphena pallidipes, realizan migracións altitudinais.
A dos cetíidos é unha liñaxe antiga dentro da superfamilia dos silvioideos. O grupo máis próximo aos cetíidos é o dos exitálidos (a familia á que pertence o ferrreiriño rabilongo).[1]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A familia foi descrita en 2006 polo zoólogo, profesor e sistemático evolutivosueco Per Alström e os seus colaboradores, no traballo "Phylogeny and classification of the avian superfamily Sylvioidea". Mol. Phylogenet. Evol. 38 (2): 381–397.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome científico Cettiideae está formado sobre a base da raíz do nome do seu xénero tipo, Cettia, coa adición da desinencia do latín científico ´-ideae, tirada da foma do grego antigo -ειδής, -eidḗs, da raíz de εἶδος, eĩdos "forma", "aspecto", "aparencia", usada para a formación do nome das familias de animais.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Recoñécense os 7 xéneros seguintes, con 32 especies:[2][3]
- Abroscopus E. C. S. Baker, 1930 (3 especies);
- Cettia Bonaparte, 1834 (4 especies);
- Horornis Hodgson, 1845 (13 especies);
- Phyllergates Sharpe, 1883 (2 especies);
- Tesia Hodgson, 1837 (4 especies);
- Tickellia Blyth, 1861 (1 especie);
- Urosphena Swinhoe, 1877 (5 especies);
Hai outros xéneros incertae sedis que algúns autores clasifican aquí:[3]
- Graueria Hartert, 1908.
- Hylia Cassin, 1859.[4]
- Pholidornis Hartlaub, 1857 (anteriormente en Remizidae).[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Alström, P.; Ericson, P. G. P.; Olsson, U. & Sundberg, P. (2006): "Phylogeny and classification of the avian superfamily Sylvioidea". Mol. Phylogenet. Evol. 38 (2): 381–397. doi 10.1016/j.ympev.2005.05.015 PMID 16054402 Texto completo en PDF Arquivado 27 de xuño de 2021 en Wayback Machine.
- ↑ 2,0 2,1 Beresford, P; Barker, F.K; Ryan, P.G; Crowe, T.M (2005-04-22). "African endemics span the tree of songbirds (Passeri): molecular systematics of several evolutionary ‘enigmas’". Proceedings of the Royal Society B: Biological Sciences (en inglés) 272 (1565): 849–858. ISSN 0962-8452. PMC 1599865. PMID 15888418. doi:10.1098/rspb.2004.2997.
- ↑ 3,0 3,1 Cettiidae no ITIS.
- ↑ 4,0 4,1 Sefc, K. M.; Payne, R. B. & Sorenson, M. D. (2003): "Phylogenetic relationships of African sunbird-like warblers: Moho Hypergerus atriceps, Green Hylia Hylia prasina and Tit-hylia Pholidornis rushiae". Ostrich 74 (1-2): 8-17. Texto completo en PDF.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cetíidos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Cetíidos |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Alström, P.; Ericson, P. G. P.; Olsson, U. & Sundberg, P. (2006): "Phylogeny and classification of the avian superfamily Sylvioidea". Mol. Phylogenet. Evol. 38 (2): 381–397.
- Alström P., Hohna, S., Gelang, M., Ericson, P. G. P. & Olsson, U. (2011): "Non-monophyly and intricate morphological evolution within the avian family Cettiidae revealed by multilocus analysis of a taxonomically densely sampled dataset". BMC Evol. Biol. 11: 352 -368. PDF Texto completo en PDF.
- del Hoyo, J.; Collar, N. J.; Christie, D. A.; Elliott, A.; Fishpool, L. D. C.; Boesman, P. & Kirwan, G. M. (2016): HBW and BirdLife International Illustrated Checklist of the Birds of the World. Volume 2: Passerines. Bellaterra (Barcelona): Lynx Edicions ISBN 978-84-96553-98-9.