Saltar ao contido

Folgoso do Courel

Revisión feita o 3 de outubro de 2024 ás 10:05 por Autopistero20502020 (conversa | contribucións)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Modelo:Xeografía políticaFolgoso do Courel
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°35′20″N 7°11′43″O / 42.588888888889, -7.1952777777778
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia de Lugo Editar o valor en Wikidata
CapitalFolgoso do Courel Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación1.004 (2023) Editar o valor en Wikidata (5,2 hab./km²)
Xeografía
Superficie193 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude612 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcaldesa Editar o valor en WikidataDolores Castro Ochoa Editar o valor en Wikidata
Eleccións municipais en Folgoso do Courel Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal27017 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE27017 Editar o valor en Wikidata

Folgoso do Courel é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Quiroga. Segundo o IGE en 2022 tiña 985 habitantes (1310 no 2006, 1346 no 2005, 1397 no 2004, 1448 no 2003). O xentilicio é «courelao».[1][2]

Poboación

[editar | editar a fonte]
Poboación 985 (2022) Total (Var. 2021) % (Var.2021)
Menores de 16 48 (+2) 4,87% (+0,22)
16-64 513 (-10) 52,08% (-0,8)
Maiores de 64 424 (+4) 43,04% (+0,56)

A poboación do concello de Folgoso do Courel é eminentemente avellentada cunha idade media de 57,62 anos. Pola contra, a idade media minguou no último lustro en 0,54 anos e a poboación menor de 16 anos pasou de ter un mínimo de 31 censados no 2016 a 48 no 2022-

Evolución da poboación de Folgoso do Courel   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
6.413 5.785 5.479 2.191 1.397 1.233 1.211 1.160 1.136 1.106 1.089 1.060 1025 1.018 1.024 1.007 989
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

[editar | editar a fonte]

A serra do Courel é unha cordilleira montañosa situada no sueste da provincia de Lugo, que se estende tamén polos concellos de Quiroga e Pedrafita do Cebreiro. Ten uns 212 km², con fortes variacións de altitude, desde os 400 m no val do río Lor aos 1600 m en picos como Montouto, Formigueiros (1643 m) ou Pía Paxaro (1610 m). O río Lor e varios afluentes seus forman ricos vales con diversos ecosistemas, que fan desta serra a reserva botánica máis importante de Galiza.

Patrimonio natural

[editar | editar a fonte]

Folgoso do Courel ten unhas paraxes naturais de alto valor no eido da espeleoloxía.

A sima de Aradelas está na localidade de Campelo (a 9 km de Seoane), e con 128 metros é a cova máis profunda de Galicia. A cova de Tralacosta ten salas subterráneas con estalactitas e estalagmitas. A cova da Ceza encóntrase en Noceda (a 8 km de Seoane) e ten uns 680 metros de lonxitude, con grandes salas comunicadas por pasos estreitos a través dos que flúe un rego procedente dunha lagoa de 25 metros de profundidade localizada ao final. A Buracada das Choias está en Visuña (a 15 km de Seoane), e ten un percorrido de 30 metros por unha única galería. A cova do Oso está en Moreda, aos pés duns resaltes rochosos. Ten interese arqueolóxico, pois nela atopáronse restos de cerámica. A cova de Teixeira, de gran profundidade, está no lugar da Poza.

Patrimonio arqueolóxico

[editar | editar a fonte]

No concello hai diversos restos de poboados castrexos. No castro de Vilar destacan as súas murallas defensivas. Nel atopáronse restos de cerámica. O castro da Torre está próximo á localidade de Sobredo. O castro de Miraz ten unhas murallas de grande altura e no seu interior foron atopadas numerosas sepulturas. O castro de Torexe está en Visuña. No catastro de Ensenada dise que era onde se reunía a xustiza ordinaria da comarca.

Da época da romanización de Galicia consérvase unha Tabula Hospitalis, unha peza de bronce atopada no Carbedo cun texto en latín consistente nun pacto entre o seurro Tilego, fillo de Ambato, e os lougeis do castellum Toletensis con autorización das autoridades romanas.

Corporación Municipal

[editar | editar a fonte]

Resultados das eleccións municipais no concello de Folgoso do Courel:

ELECCIÓNS MUNICIPAIS FOLGOSO DO COUREL 1983-2019
1983 1987 1991 1995 1999 2003 2007 2011 2015 2019
PPdeG 1 (15,44%) 5 (40.37%) 6 (48.40%) 5 (47.28%) 4 (42.41%) 3 (37.43%) 4 (38.27%) 5 (54.25%) 5 (50.49%) 5 (52.53%)
PSdeG 6 (50,63%) 4 (35.34%) 4 (38.59%) 4 (45.04%) 5 (51.88%) 5 (49.29%) 5 (51.68%) 4 (37.82%) 3 (35.89%) 2 (25.93%)
CG 4 (33,93%)
IG-Courel Vivo 1 (13.08%) 2 (21.21%)
BNG 0 (7.68%) 0 (5.71%) 1 (13.2%) 0 (9.4%) 0 (7.56%)
CPG/CNG 2 (19.51%) 1 (12.01%)

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Lugares de Folgoso do Courel

[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Folgoso do Courel vexa: Lugares de Folgoso do Courel.

Parroquias

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Folgoso do Courel

Esperante (San Pedro) | Folgoso do Courel (Santa María) | Hórreos (San Pedro) | Meiraos (Santa María) | Noceda (San Pedro) | Seceda (San Silvestre) | Seoane do Courel (San Xoán) | Vilamor (San Vicente) | Visuña (Santa Eufemia)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.