En galego: Gdansk; en polaco: Gdańsk.
Antigamente coñecida coma Cidade libre de Danzig. Tamén chamada Dantiscum, Gedanum, Gedania, Gydannyzc, Danczik, Dantzig e Gduńsk.
É a capital da rexión polaca de Pomerania con preto de 464.000 habitantes e unha das maiores cidades de Polonia e un importante porto marítimo. A súa importancia histórica en dúas ocasións foi fundamental: na Segunda Guerra Mundial foi o primeiro escenario de enfrontamententos armados, ao ser asaltada polo exército alemán; e durante a Guerra Fría, por seren os seus estaleiros o lugar que viu nacer ao sindicato católico Solidariedade (en polaco, Solidarność) que desestabilizaría o maior país satélite do bloque comunista.
A súa conurbación metropolitana é tan grande que se une con outras dúas cidades (Gdynia e Sopot), sendo coñecido coloquialmente o conxunto como "as tres cidades" (en polaco: Trójmiasto).