Saltar ao contido

Gdańsk

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 20 de febreiro de 2014 ás 13:21 por Estevoaei (conversa | contribucións) (arranxiños)
Gdansk
Lema: Gdansk – Nec temere, nec timide
Polaco: Gdańsk - Bez strachu, ale z rozwagą

Localización de Gdansk
Provincia Pomerania
Goberno municipal Rada miasta Gdańsk
Prefecto Paweł Adamowicz
Superficie 262 km²
Lonxitude
Latitude
18°38' E
54°22' N
Poboación 464 000 (est.31-12-2004)
Código telefónico (+48) 58
Internet: Prefectura de Gdansk

Gdańsk é unha cidade polaca, antigamente coñecida coma Cidade libre de Danzig e tamén chamada Dantiscum, Gedanum, Gedania, Gydannyzc, Danczik, Dantzig e Gduńsk.

É a capital da rexión de Pomerania con preto de 464.000 habitantes e unha das maiores cidades do país, amais dun importante porto marítimo. A súa importancia histórica en dúas ocasións foi fundamental: na Segunda Guerra Mundial foi o primeiro escenario de enfrontamententos armados, ao ser asaltada polo exército alemán; e durante a Guerra Fría, por seren os seus estaleiros o lugar que viu nacer o sindicato católico Solidariedade (en polaco, Solidarność) que desestabilizaría o maior país satélite do bloque comunista.

A súa conurbación metropolitana é tan grande que se une con outras dúas cidades (Gdynia e Sopot), sendo coñecido coloquialmente o conxunto como "as tres cidades" (en polaco: Trójmiasto).