Saltar ao contido

Gol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 17 de xaneiro de 2020 ás 21:38 por Chairego apc (conversa | contribucións) (engado control de autoridades)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Un gol animado

Gol (do inglés goal) ou tanto, é meter o balón dentro da portería, que é o obxectivo do xogo de varios deportes. O equipo que marca máis goles nun período determinado, é o gañador do partido. O regulamento esixe que o balón estea completamente dentro da portería sen ningunha das súas partes sobre a liña branca. Por extensión, emprégase tamén cando se produce un incidente inesperado e desagradable: "Metéronche un gol".