Saltar ao contido

James Johnson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 30 de outubro de 2014 ás 22:06 por FleaRHCP (conversa | contribucións)

Modelo:Xogador da NBA James Patrick Johnson, nado o 20 de febreiro de 1987 en Cheyenne, Wyoming, é un xogador americano de baloncesto profesional que actualmente xoga nos Toronto Raptors da National Basketball Association (NBA). Foi elixido na 16ª posición do Draft da NBA de 2009 polos Chicago Bulls, e anteriormente xogou na universidade para os Demon Deacons de Wake Forest.

Traxectoria deportiva

Universidade

Johnson entrou en Wake Forest despois de rematar o instituto en Cheyenne, Wyoming, e tivo un impacto inmediato, rematando segundo na elección do rookie do ano. Liderou aos Demon Deacons en anotación e en rebotes.

Coma sophomore, Johnson liderou outra vez ao equipo en rebotes, levando ao equipo a unha marca de 24-5, e ao número 1 do ranking na tempada 2008-09. Despois desa tempada, Johnson declarouse elixible para o Draft da NBA de 2009.

Estatísticas na universidade

Medias da tempada
Tempada Equipo G PTS REB AST ROU TAP TC% 3P% TL% MIN PER
2007-08 Wake Forest Demon Deacons 30 14.6 8.1 1.2 1.4 1.3 .487 .280 .689 29.2 2.6
2008-09 Wake Forest Demon Deacons 31 15.0 8.5 2.0 1.4 1.5 .542 .319 .697 30.5 2.4
Totais: 61 14.8 8.3 1.6 1.4 1.4 .514 .295 .692 29.9 2.5

NBA

Johnson foi elixido na 16ª posición do Draft da NBA de 2009 polos Chicago Bulls.

O 27 de xaneiro de 2011, Johnson foi asignado aos Iowa Energy da NBA Development League.[1] Foi chamado de volta o 15 de febreiro de 2011.[2]

O 22 de febreiro de 2011, Johnson foi traspasado aos Toronto Raptors a cambio dunha elección da primeira rolda do Draft de 2011 que adquiriron dos Miami Heat.[3]

O 16 de xullo de 2012, Johnson foi traspasado ós Sacramento Kings a cambio dunha elección de segunda rolda do Draft de 2014.[4]

O 16 de decembro de 2013, asinou cos Memphis Grizzlies.[5]

O 17 de xullo de 2014, Johnson regresou ós Raptors asinando un contrato por dous anos.[6]

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas