Río Krishna
Tipo | río | ||||
---|---|---|---|---|---|
Inicio | |||||
Continente | Asia | ||||
Altitude inicial | 914 m | ||||
División administrativa | Satara district, India (en) | ||||
Localización | Mahabaleshwar (pt) | ||||
Final | |||||
Localización | Golfo de Bengala | ||||
| |||||
Afluentes | Bhima (pt) , Musi River (en) , Koyna River (en) , Tungabhadra River (en) , Tunga River (en) , Malaprabha River (en) , Nira River (en) , Ghataprabha River (en) | ||||
Conca hidrográfica | Tungabhadra River (en) | ||||
Características | |||||
Dimensións | 1.400 () km | ||||
Superficie da cunca hidrográfica | 258.948 km² | ||||
Medicións | |||||
Caudal | 1.641 m³/s | ||||
O río Krishna (en marathi: कृष्णा नदी; en kannada: ಕೃಷ್ಣಾ ನದಿ ; en telugu: కృష్ణా నది) é un dos principais ríos da India, un río da vertente do golfo de Bengala que discorre polos estados de Maharashtra, Andhra Pradesh, Telangana e Karnataka.[1]
Ten unha lonxitude aproximada de 1400 km (o terceiro do país), un caudal medio de 2213 m³/s e drena unha ampla conca de 258 948 km² (a sexta do país).
Xeografía
[editar | editar a fonte]O río Krishna nace nos outeiros de Mahabaleswar, no estado de Maharashtra, atravesa a cidade de Sangli e desemboca no golfo de Bengala na cidade de Hamasaladeevi no estado de Andhra Pradesh. Ademais deses estados atravesa tamén o estado de Karnataka.
Un dos principais afluentes do Krishna é o río Tungabhadra, formado á súa vez polos ríos Tunga e Bhadra que nacen na zona coñecida como Ghats occidentais. O río conta con dúas importantes presas, unha en Srisailam e a outra nos outeiros Nagarjuna. Esta última, coñecida como Nagarjuna Sagar, é unha das maiores presas de toda Asia.
Como moitos dos ríos da India, as beiras do Krishna están poboadas de templos. O de Sangli, dedicado ao deus Ganesha é un dos máis coñecidos. Preto desta cidade atópanse tamén diversos templos, destino de moitos peregrinos hinduístas.
O seu longo percorrido por zonas altamente industrializadas provocou que o río sufrise un alto índice de contaminación. A pesar de que en 2001 o goberno elaborou un plan para a conservación do Krishna, o certo é que o índice de contaminación do río non diminuíu.
Mitoloxía
[editar | editar a fonte]Segundo a mitoloxía hinduísta, o deus Brahma realizou un ritual relixioso coa súa segunda esposa Gāiatrī preto das montañas Sahyadri xa que a súa primeira esposa Saraswati non podía chegar a tempo. Ao decatarse diso, Saraswati entrou en cólera. Ordenou a todos os que estivesen presentes, Vishnu, Shiva e outros deuses, que se convertesen en ríos. Vishnu converteuse no río Krishna, Shiva no río Veni e Brahma no río Kumudmati. O resto dos presentes convertéronse nos diversos regatos que nacen nos Ghats occidentais.
Cada doce anos celébrase o festival do río coñecido como Pushkarams. Durante o período de duración o festival, os fieis realizan diversas ofrendas para conseguir que os seus antepasados falecidos alcancen o ceo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Map of Krishna River basin" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de agosto de 2017. Consultado o 27 de marzo de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: India |