1222
Aparencia
1222 | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Calendario gregoriano | 1222 MCCXXII | ||||||||||||||||||
Ab urbe condita | 1975 | ||||||||||||||||||
Calendario armenio | 671 | ||||||||||||||||||
Calendario chinés | 3918 – 3919 | ||||||||||||||||||
Calendario hebreo | 4982 – 4983 | ||||||||||||||||||
Calendario hindú | |||||||||||||||||||
· Vikram Samvat | 1277 – 1278 | ||||||||||||||||||
· Shaka Samvat | 1144 – 1145 | ||||||||||||||||||
· Kali Yuga | 4323 – 4324 | ||||||||||||||||||
Calendario persa | 600 – 601 | ||||||||||||||||||
Calendario musulmán | 619 – 620 | ||||||||||||||||||
Calendario rúnico | 1472 | ||||||||||||||||||
|
1222 (MCCXXII) foi un ano común comezado en sábado segundo o calendario xuliano.
Acontecementos
[editar | editar a fonte]Europa
[editar | editar a fonte]- Pola súa Bula Dourada, André II de Hungría sométese á dieta e aos señores feudais. A Bula garántelle á nobreza unha dieta anual, inmunidades de orde fiscal e a percepción de impostos e recoñécelle o dereito á insurrección contra o monarca.
- Primeiro reinado de Erico XI Eriksson en Suecia.
- O rei de Bohemia, Otokar I, anexiona Moravia ao seu reino.
- Fundación de Dorpat en Livonia.
- Fundación da orde dos Cabaleiros Teutóns.
- Revolta popular na Estonia.
Imperio Bizantino
[editar | editar a fonte]- Comeza o reinado de Xoán III Vatatzés, emperador bizantino de Nicea (até 1254).
- Tíralles aos latinos as súas posesións asiáticas e varias illas (Lesbos, Quíos, Samos e Rodas). Co apoio provisorio dos búlgaros, sitia, sen éxito, Constantinopla. Desembarca na Tracia.
- O déspota do Epiro faise co reino de Tesalónica.
- Andrónico I ascende ao trono do Imperio de Trebisonda, á morte de Aleixo I.
Rusia
[editar | editar a fonte]- Iaroslav Vsievolodovitch toma Novgorod do seu irmán Constantino de Rostov.
- Os mongois Djebe e Subutay pasan o Cáucaso por Derbent e chegan ás estepas dos cumanos após saquear Chirván. Kotian, khan dos cumanos, solicítalles axuda aos rusos. Os mongois, logo de teren reducido aos alano e cherquesos, envían unha embaixada a Rusia, que é masacrada, desencadeando as hostilidades. Kotian refúxiase co seu padrasto, Mstislav, que convence aos príncipes rusos para recrutar un exército de 80 000 homes para deter os mongois.
África
[editar | editar a fonte]- Sundjata Keïta crea o Imperio de Malí e abole a escravitude (Carta do Mandinga).
Norte de África
[editar | editar a fonte]- Reinado de Abd el-Ouahid, califa Almohade.
- Sobe ao trono tras a morte do seu sobriño Yusuf al-Mustansir. Estalan revoltas en todo o imperio almohade. Na Península Ibérica, Abdallah-Adil proclámase califa, en canto que os xeques marroquinos depoñen a Abd el-Quahid.
Asia
[editar | editar a fonte]- Na India, os mongois chegan até Multán, mais retíranse por causa do clima.
- Xenxis Khan pasa por Afganistán. Alí recibe ao monxe taoísta Tehi-tehe Tchag-tchoun, a quen fixera vir desde a China para que lle atopase un xeito de escapar á morte. No outono, volta a Boukhara, e logo a Samarcanda, onde pasa o inverno.
Oriente Próximo
[editar | editar a fonte]- Os pisanos e os xenoveses das colonias de Acre enfróntanse. Perden estes últimos e abandonan o porto.
Arte e cultura
[editar | editar a fonte]- Fundación da Universidade de Padua por un grupo de disidentes da Universidade de Boloña.
Nacementos
[editar | editar a fonte]Mortes
[editar | editar a fonte]- 1 de febreiro - Aleixo I, emperador de Trebisonda.
- Teodoro I Láscaris, emperador bizantino.
- Yusuf al-Mustansir (n. 1197), califa almohade.
- Xoán I de Suecia
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: 1222 |