13 de marzo
Aparencia
<< | Marzo | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
2024 Todos os días |
O 13 de marzo é o 72º día do ano do calendario gregoriano e o 73º nos anos bisestos. Quedan 293 días para finalizar o ano.
Acontecementos
[editar | editar a fonte]- 1328 - Xoana II e Filipe III de Evreux son entronizados como reis de Navarra.
- 1781 - William Herschel descobre o planeta Urano.
- 1918 - Revolta veciñal contra os excesivos impostos na Feira do Trece (Narón), que remata con seis mortos.
- 1921 - O país asiático de Mongolia logra a súa independencia da China.
- 1925 - Unha lei no estado de Tennessee (Estados Unidos de América) prohibe a ensinanza da teoría da evolución de Darwin por contradicir o dogma xudeocristián da creación.
- 1929 - Matricúlase o primeiro vehículo en Madrid, un Renault convertible que alcanzaba os 40 km/hora e que lle custou ó propietario, o Marqués de Bolaños, 17 000 pesetas.[1]
- 2013 - O cardeal arxentino Jorge Mario Bergoglio é elixido como o 266º papa da Igrexa católica co nome de Francisco.
Nacementos
[editar | editar a fonte]- 1733 - Joseph Priestley, científico e ministro inglés.
- 1733 - Johann Zoffany, pintor neoclásico alemán (m. 1810).
- 1872 - Konstantinos Theotokis, escritor grego (m. 1923)
- 1888 - Paul Morand, escritor e diplomático francés (m. 1976).
- 1890 - Fritz Busch, director de orquestra e pianista alemán (m. 1951).
- 1899 - John Hasbrouck van Vleck, físico estadounidense (m. 1980).
- 1900 - Giorgos Seferis, escritor grego.
- 1939 - Neil Sedaka, cantautor.
- 1939 - Juan Manuel Páramo Neyra, enxeñeiro e político galego.
- 1949 - Camilo Flores Varela, profesor e tradutor galego (m. 1997).
- 1950 - William H. Macy, actor e guionista estadounidense.
- 1957 - Mágico González, futbolista salvadoreño.
- 1963 - Fito Páez, músico e compositor arxentino.
Mortes
[editar | editar a fonte]- 1903 - Nicolaas Beets, escritor, teólogo e predicador neerlandés (n. 1814).
- 1922 - Máximo de la Riva García, industrial e político galego.
- 1924 - Marcelino Gómez Arias, xornalista e político republicano galego (n. 1880).
- 1936 - Manuel Viturro Posse, avogado e político galego.
- 1938 - Clarence Darrow, avogado estadounidense (n. 1857).
- 1957 - José Antonio Echeverría, revolucionario e líder estudantil cubano.
- 1959 - Andrés Gaos Berea, compositor e violinista galego.
- 1966 - Victoriano Taibo, escritor galego.
- 1996 - Krzysztof Kieślowski, director de cinema polonés.
- 2000 - Nicanor Rielo Carballo, sacerdote e escritor galego.
- 2002 - Hans-Georg Gadamer, filósofo alemán.
- 2003 - Lois Tobío Fernández, diplomático e escritor galego.
- 2012 - Teresa Pàmies, escritora catalá.
Festas e celebracións
[editar | editar a fonte]Outros
[editar | editar a fonte]- Santoral: San Rodrigo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Calendario 2014 MUNCYT.