82ª edición dos Óscar
A 82ª edición dos Óscar, presentada pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (AMPAS), galardoou os mellores filmes de 2009 e celebrouse o 7 de marzo de 2010 no Teatro Kodak en Hollywood, Os Ánxeles. A cerimonia celebrouse bastante despois das datas acostumadas de febreiro para evitar conflitos cos Xogos Olímpicos de Vancouver 2010.[1] Durante a cerimonia, Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas presentou os Premios da Academia (comunmente coñecidos como Oscars) en 24 categorías. A cerimonia foi televisada nos Estados Unidos pola ABC. Os actores Alec Baldwin e Steve Martin presentaron o espectáculo. Martin presentou por terceira, pois xa o fixera na 73ª edición e na 75ª, mentres que Baldwin presentou por vez primeira. Esta foi a primeira en ter transmisión televisiva con múltiples presentadores dende a 59ª edición[2]
O 24 de xuño de 2009, o presidente da Academia Sid Ganis anunciou nunha conferencia de prensa que, coa finalidade de revitalizar os premios, a cerimonia de 2010 tería dez nomeados ó Mellor filme no canto de cinco,[3] unha práctica que desapareceu despois da 16ª edición (celebrada en 1944). O 20 de febreiro de 2010, nunha cerimonia no Beverly Wilshire Hotel en Beverly Hills, os Óscar á técnica foron presentados por Elizabeth Banks.[4]
En terra hostil gañou seis premios, incluído Mellor filme e Mellor director para Kathryn Bigelow, a primeira muller en gañar o Oscar ó mellor director.[5] Outros gañadores foron Avatar con tres galardóns, Crazy Heart, Precious e Up, con dous premios. The Cove, Inglourious Basterds, Un soño posible, Logorama, Music by Prudence, The New Tenants, El secreto de sus ojos, Star Trek e The Young Victoria gañaron cadanseu premio. O evento tivo preto de 42 millóns de espectadores (en Norte América), sendo a audiencia máis alta dende a 77ª edición dos Óscar no 2005.
Gañadores e nomeados
[editar | editar a fonte]Os nomeados da 82ª edición dos Óscar foron anunciados o 2 de febreiro de 2010 no Samuel Goldwyn Theater en Beverly Hills por Tom Sherak, presidente da Academia, e a actriz Anne Hathaway.
Os filmes con máis nomeamentos foron Avatar e En terra hostil, con nove cada un. Os gañadores foron anunciados durante a cerimonia de entrega o 7 de marzo de 2010.[6][7]
Premios
[editar | editar a fonte]Os gañadores son os que aparecen en primeiro lugar e destacados en letra grosa.[8]
Premios da Academia Honoríficos
[editar | editar a fonte]A academia celebrou a súa primeira cerimonia anual Premios Gobernadores o 14 de novembro de 2009, na que foron presentados os seguintes premios.[9][10][11]
Oscar honorífico
[editar | editar a fonte]Premio en memoria de Irving G. Thalberg
[editar | editar a fonte]Predecesor: 81ª edición dos Óscar |
Premios Óscar 82ª edición dos Óscar |
Sucesor: 83ª edición dos Óscar |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Hedley, Caroline (26 de marzo de 2009). "Oscars ceremony moved to prevent clash with Winter Olympics". The Daily Telegraph (Londres: Telegraph Media Group). Consultado o 13 de marzo de 2010.
- ↑ Marc Graser (3 de novembro de 2009). "Steve Martin and Alec Baldwin to Co-host the Oscars". RBI (Variety). Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2010. Consultado o 4 de marzo de 2010.
- ↑ "82nd Academy Awards to Feature 10 Best Picture Nominees". AMPAS. AMPAS. 24 de xuño de 2009. Arquivado dende o orixinal o 1 de outubro de 2014. Consultado o 30 de decembro de 2012.
- ↑ Tom O'Neil (12 de febreiro de 2010). "Elizabeth Banks to emcee sci-tech Oscars". Los Angeles Times (Tribune Company). Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2010. Consultado o 30 de decembro de 2012.
- ↑ King, Susan (8 de marzo de 2010). "'Hurt Locker' wins best picture". Los Angeles Times (Tribune Company). Arquivado dende o orixinal o 30 de abril de 2010. Consultado o 6 de maio de 2010.
- ↑ "Nominees & Winners for the 82nd Academy Awards". AMPAS. AMPAS. Arquivado dende o orixinal o 11 de abril de 2010. Consultado o 30 de decembro de 2012.
- ↑ "List of Academy Award nominations". CNN (CNN.com). 2 de febreiro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 3 de febreiro de 2010. Consultado o 3 de febreiro de 2010.
- ↑ "The 82nd Academy Awards (2010) Nominees and Winners". oscars.org. Arquivado dende o orixinal o 07 de outubro de 2014. Consultado o 30 de decembro de 2012.
- ↑ "Bacall, Calley, Corman, and Willis to Receive Academy's Governors Awards". AMPAS. AMPAS. Consultado o 8 de outubro de 2010.
- ↑ "Honorary Academy Awards - Oscar Statuette & Other Awards". AMPAS. AMPAS. Arquivado dende o orixinal o 08 de abril de 2010. Consultado o 30 de decembro de 2012.
- ↑ "Irving G. Thalberg Memorial Award - Oscar Statuette & Other Awards". AMPAS. AMPAS. Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2011. Consultado o 30 de decembro de 2012.