Comac C919
Comac C919 | |
---|---|
Primeiro voo do prototipo | |
Tipo | Pasaxeiros de fuselaxe estreita |
Fabricante | Comac |
Primeiro voo | 5 de maio de 2017[1] |
Estado | 2 en servizo activo |
Unidades construídas | 10, 2 en servizo |
O Comac C919 é un avión de pasaxeiros de fuselaxe estreita desenvolvido polo fabricante chinés Comac. O programa lanzouse no ano 2008 e a fabricación do prototipo comezou en decembro de 2011. Presentouse o 2 de novembro de 2015 e o seu primeiro voo foi o 5 de maio de 2017. A entrada en servizo do C919 foi no 2023 con China Eastern Airlines. O avión, principalmente construído con aliaxes de aluminio, é impulsado tanto por motores turboventilador CFM International LEAP como por ACAE CJ-1000A, e pode transportar entre 156 e 168 pasaxeiros nunha configuración normal ata os 5 555 km. Vai competir principalmente co Boeing 737 MAX e co Airbus A320neo. En febreiro de 2018 Comac tiña 815 pedidos, principalmente de compañías de arrendamento e aeroliñas chinesas.
Actualmente, o avión é usado soamente polo China Eastern Airlines.
Especificacións
[editar | editar a fonte]| Tripulación: 2 en cockpit | Pasaxeiros: 150-180 | Motores : 2 turboventiladores
Operadores
[editar | editar a fonte]Actualmente, 2 avións están sendo usados pola China Eastern Airlines, con 815 pedidos.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Flight Global (ed.). "Comac C919 lands after uneventful maiden sortie". Consultado o 26 de xuño de 2018.