Consello dos Estados
Aparencia
O Consello de Estados (en alemán Ständerat; en francés "Conseil des Etats"; en italiano Consiglio degli Stati, en romanche Cussegl dals Stadis) é a cámara alta da Asemblea Federal de Suíza. O consello foi instaurado pola constitución federal no 1848.
Composición
[editar | editar a fonte]Cada cantón delega dous conselleiros, chamados tamén Conselleiros dos Estados (en referencia a cada cantón). Levan asemade o nome de senadores. Antes da creación do Cantón do Xura en 1979 o número ascendia a 44 membros. Dende esa data o consello componse de 46.
O consello foi inspirado do Senado dos Estados Unidos e ten os mesmos poderes có Consello Nacional de Suíza. Xuntos, o nacional e o dos estados, forman a Asemblea federal, é dicir o aparato lexislativo helvético.