Conversa categoría:Linguas
Como se fai para colocar todas as linguas por orde alfabética?--Alex 14:09, 7 abril 2007 (UTC)
- Hai un pequeno problema aqui: Por convención (para distinguir moitos pares lingua/nacionalidade que son idénticos), acordou-se que os títulos dos artigos referidos a linguas fosen do tipo "lingua + adxectivo": por exemplo lingua galega, lingua latina. No texto do artigo normalmente emprégase o nome habitual (galego, latín), porque non hai confusión. Porén, hai ainda artigos que non foron pasados a este sistema, o que supón unha tarefa pendente.
- Por outra banda, os artigos pasan a esta categoria pondo-lles o código [[Category:Linguas do mundo]] cara o final da páxina, antes das ligazóns interwiki. Para que aparezan listadas alfabeticamente, que é o que perguntas, hai que simplemente especificar o nome "real", asi: [[Category:Linguas do mundo|Galego]] ou [[Category:Linguas do mundo|Latín]]... un traballo que che convido a facer... ;-D. --Xosé (✉) 14:52, 22 xullo 2007 (UTC)
categorias para linguas do mundo e categoria "falas chinesas"
[editar a fonte]Para asignar mandarín a unha categoria mais restrita que "linguas do mundo", queria crear unha cat para todas as linguas da rama chinesa, chamandolle "Falas chinesas" (fala=ambiguo entre lingua/dialecto, deste xeito evitando "linguas chinesas" pois é discutible se é 1 ou varias), como subcategoria de "Linguas sino-tibetanas", e esta sendo subcategoria de "linguas do mundo".
Isto levoume a que coido que non hai aprobada, que eu saiba, unha arbre de categorias para as linguas do mundo, e vin que na inglesa unha das referencias é [[1]].
Por todo iso propoño: 1) crear unha categoria "Falas chinesas" dependente por agora de "Linguas do mundo" 2) crear subcategorías de acordo coas definidas en [[2]]. É unha forma sinxela de definilas sin ter que botarmos anos discutíndo as ramas/polas.---- Maañón (boura, boura) 15:01, 7 outubro 2007 (UTC)
Opinions xerais:
Opinions sobre 1) :
Opinións sobre 2):
- NOn estaría mal consensuar unha rama de categorías para Linguas do mundo. Por que non a propós en Wikipedia:Wikiproxecto Categorías? Estaría interesante. AlberteSi, digame? 15:34, 7 outubro 2007 (UTC)