Saltar ao contido

Coppa Acerbo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaCoppa Acerbo
Imaxe
Tipoevento deportivo recorrente Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
LocalizaciónCircuíto de Pescara (Pescara) 42°28′30″N 14°09′03″L / 42.475, 14.150833333333 Editar o valor en Wikidata
PaísItalia Editar o valor en Wikidata

A Coppa Acerbo foi unha carreira automobilística celebrada en Italia, chamada así en honra a Tito Acerbo, o irmán de Giacomo Acerbo, un político fascista prominente. Tras a derrota de Italia na segunda guerra mundial, e a caída consecuente do fascismo, a carreira pasou a chamarse Circuíto di Pescara, e durante algúns anos tamén se coñeceu como o Gran Premio de Pescara (Gran Premio di Pescara). A carreira correuse entre 1924 e 1961 e nos últimos anos tivo unha gran variedade de regulacións, de duración e de clase de vehículos. En 1957 o Gran Premio de Pescara formou parte do Campionato do Mundo de Fórmula Un, unha carreira que aínda mantén a marca de ser a do circuíto de maior lonxitude utilizado algunha vez para un evento de campionato.

Artigo principal: Circuíto de Pescara.

As carreiras da Coppa Acerbo leváronse a cabo nun circuíto de 24 – 26 km., comezando e terminando en Pescara, na costa do Adriático. O deseño da carreira ofrecía unha ruta interior a través dos outeiros dos Abruzos, que pasaba a través de varias aldeas, seguido dun descenso longo e recto de volta á costa, onde un estreita curva á dereita levaba a un longo tramo recto de 6 quilómetros á beira do mar. O pit lane e o paddock atópabanse ao final desta recta. Nun esforzo por frear a velocidade acadad nesta recta, o circuíto de Pescara converteuse nun dos primeiros en ter instalada unha chicane artificial, xusto antes da rúa de boxes. O trazado do circuíto de Pescara ten a marca como o circuíto máis longo que nunca organizou unha carreira do Campionato do Mundo de Fórmula Un, co de Nürburgring Nordschleife en segunda posición con 23 km.

Carreiras antes da guerra

[editar | editar a fonte]
Unha escultura, situada entre as localidades de Cappelle sul Tavo e Spoltore no punto máis alto do circuíto de Pescara, en conmemoración dos pilotos da Coppa Acerbo da pre-guerra.

A primeira Coppa Acerbo celebrouse en 1924 e foi gañado por un piloto novo entón descoñecido Enzo Ferrari, que despois atoparía a fama como creador de Ferrari e xefe do equipo de Fórmula Un Scuderia Ferrari. A carreira tivo a máxima categoría da competición internacional, o único factor que realmente limitaba ás especificacións dos vehículos era a capacidade dos coches para transmitir enerxía a través dos inadecuados pneumáticos da época. Aínda que nunca formou parte do Campionato de Europa, a Coppa Acerbo foi considerada como unha das carreiras máis prestixiosas da época. Estas primeiras carreiras foron dominadas por coches e pilotos italianos, e Alfa Romeo, en particular, era case imbatible. O fabricante de Milán gañou sete das nove primeiras carreiras, e só en 1926 foron batidos polo lendario Bugatti T35, e de novo en 1930 pola estrela italiana, o piloto Achille Varzi pilotando un Maserati.

O dominio de Alfa na carreira chegou ao seu fin coa introdución da normativa dos 750 kg. no Gran Premio de 1934, unha carreira que estivo marcada tamén pola traxedia, cando Guy Moll, un dos pilotos novos máis prometedores da xornada, morreu. Financiados polo estado Alemán as Frechas de Prata de Mercedes-Benz e Auto Union chegarían a eclipsar a todos os seus rivais nos seguintes cinco anos. Aínda que a carreira foi gañada novamente por dous pilotos italianos durante este tempo, incluíndo unha segunda vitoria de Varzi, só cando os organizadores decidiron disputar a Copa coa fórmula de 1´5 litros voiturette (pequenos motores lixeiros) en 1939, foi cando os outros fabricantes tiveron unha oportunidade real de gañar. Oportunamente Alfa Romeo, co seu novo coche 158 Alfetta, foi quen levou as honras nesta última carreira antes do estalido da segunda guerra mundial.

Carreiras de posguerra

[editar | editar a fonte]

Logo da segunda guerra mundial a carreira quedou suspendida por un ano durante a reconstrución da posguerra. Cando finalmente se corre de novo en 1947 o nome da carreira cambiou, debido ás súas conexións fascistas, e fíxose coñecida como o Circuíto di Pescara. Os tres primeiros anos a carreira foi para deportivos de dous asentos e foi unha competición menor no calendario europeo. Con todo, do mesmo xeito que o resto dos organizadores de carreiras de todo o continente, coa introdución do Campionato do Mundo de Fórmula Un en 1950, os organizadores da carreira viron unha oportunidade para devolver a carreira de Pescara á súa antiga posición de prominencia. Aínda que, unha vez máis, unha carreira non de Campionato do Mundo atraeu a moitos equipos e pilotos de renome nos dous anos seguintes. A pesar de ser un evento italiano, e el mesmo un ex gañador, Ferrari decidiu retirar ao seu equipo da carreira de 1950, pero Alfa Romeo, Maserati e Talbot-Lago, xunto con privados e moitos corredores afeccionados. A carreira de 1950 foi gañada polo futuro campión do mundo Juan Manuel Fangio pilotando un Alfa Romeo. Ao ano seguinte, Ferrari estivo presente, e a carreira foi gañada por José Froilán González pilotando un Ferrari 375.

Cando o Campionato do Mundo cambiou ás normas máis lentas da Fórmula 2, os organizadores decidiron abandonar as carreiras de fórmula en favor doutros eventos deportivos. Durante este período, as carreiras de resistencia eran case tan prestixiosas como as de fórmula, e para 1952 os organizadores cambiaron o nome da carreira, unha vez máis, 12 Ore di Pescara (12 horas de Pescara). O cambio de formato non impediu a vitoria de Ferrari, e os seus coches e pilotos gáñaron tanto en 1952 e 1953. A pesar do éxito do formato da resistencia, cando a Fórmula Un, elevou a capacidade dos motores a 2´5 litros a partir de 1954, o Circuíto de Pescara cambiouse rapidamente as regras dos monoprazas. A carreira de 1954 foi gañada por un dos máis emblemáticos coches da Fórmula Un de todos os tempos, o Maserati 250F, pilotado por Luigi Musso. Este ía ser a última carreira en dous anos, en 1955, como consecuencia da catástrofe das 24 horas de Le Mans, a carreira foi cancelada.

Os deportivos regresaron unha vez máis en 1956, antes de que en 1957 a carreira de Pescara fose declarada parte do Campionato do Mundo de Fórmula Un. Esta carreira, aínda que comunmente coñécese como o Gran Premio de Pescara de 1957 foi oficialmente outro evento do Circuíto.

Na década de 1960, os problemas de seguridade convertéronse nunha preocupación importante e o circuíto de Pescara foi visto como demasiado perigoso para os grandes eventos internacionais. Logo dun descanso de dous anos a carreira foi degradada á Fórmula Dúas en 1960, unha carreira gañada polo futuro campión do mundo Denny Hulme no seu primeiro ano de carreiras en Europa. Un novo canto do cisne en 1961, por segunda vez na súa historia, a carreira de Pescara foi elevada ao status de campionato do mundo, esta vez no Campionato do Mundo de Resistencia. Apropiadamente, para unha carreira de 4 horas subtitulada Testa Rosa, o derradeiro Gran Premio de Pescara foi gañado por un Ferrari Testa Rossa, pilotado por Lorenzo Bandini e Giorgio Scarlatti, da Scuderia Centro Sud, un equipo italiano, cun coche italiano e dous pilotos italianos. Debido a crecente velocidade e a fráxil construción da maioría dos coches da época, a carreira interrompeuse despois da carreira de 1961.

Gañadores da carreira

[editar | editar a fonte]

Bernd Rosemeyer, Luigi Fagioli e Achille Varzi gañaron a carreira dúas veces, pero Giuseppe Campari é o único piloto que gañou en tres ocasións.

Ano Piloto/s Clase Vehiculo Nome da carreira
1961 Italia Lorenzo Bandini
Italia Giorgio Scarlatti
Sports car Ferrari 250TRI 1961 4h Testa Rosa
1960 Denny Hulme Fórmula 2 Cooper T52 - BMC XXVI Gran Premio di Pescara
1958-
1959
Non celebrado.
1957 Stirling Moss Fórmula 1 Vanwall VW5 XXV Circuito di Pescara
1956 Francia Robert Manzon Sports car Gordini T15S XXIV Gran Premio di Pescara
1955 Non celebrado.
1954 Italia Luigi Musso Fórmula 1/2 Maserati 250F XXIII Gran Premio di Pescara
1953 Italia Umberto Maglioli
Mike Hawthorn
Sports car Ferrari 375MM 2° 12 Ore di Pescara
1952 Italia Giovanni Bracco
Italia Paolo Marzotto
Sports car Ferrari 250S 1° 12 Ore di Pescara
1951 José Froilán González Fórmula 1 Ferrari 375 XX Circuito di Pescara
1950 Juan Manuel Fangio Fórmula 1 Alfa Romeo 158 XIX Circuito di Pescara
1949 Italia Franco Rol Sports car Alfa Romeo 6C 2500 SS XVIII Circuito di Pescara
1948 Italia Giovanni Bracco Sports car Maserati A6GCS XVII Circuito di Pescara
1947 Italia Vincenzo Auricchio Sports car Stanguellini-Fiat 1100 XVI Circuito di Pescara
1940-
1946
Non celebrado.
1939 Clemente Biondetti Voiturette Alfa Romeo 158 XV Coppa Acerbo
1938 Rudolf Caracciola Grand Prix Mercedes-Benz W154 XIV Coppa Acerbo
1937 Bernd Rosemeyer Grand Prix Auto Union C Typ. XIII Coppa Acerbo
1936 Bernd Rosemeyer Grand Prix Auto Union C Typ. XII Coppa Acerbo
1935 Achille Varzi Grand Prix Auto Union B Typ. XI Coppa Acerbo
1934 Luigi Fagioli Grand Prix Mercedes-Benz W25 X Coppa Acerbo
1933 Luigi Fagioli Grand Prix Alfa Romeo Tipo-B 'P3' IX Coppa Acerbo
1932 Tazio Nuvolari Grand Prix Alfa Romeo Tipo-B 'P3' VIII Coppa Acerbo
1931 Giuseppe Campari Grand Prix Alfa Romeo Tipo A VII Coppa Acerbo
1930 Achille Varzi Grand Prix Maserati 26M VI Coppa Acerbo
1929 Giuseppe Campari Grand Prix Alfa Romeo P2 V Coppa Acerbo
1928 Non celebrado.
1927 Giuseppe Campari Grand Prix Alfa Romeo P2 IV Coppa Acerbo
1926 Luigi Spinozzi Grand Prix Bugatti T35 III Coppa Acerbo
1925 Guido Ginaldi Grand Prix Alfa Romeo RL II Coppa Acerbo
1924 Enzo Ferrari Grand Prix Alfa Romeo RL I Coppa Acerbo

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]