Caixa Geral de Depósitos
A Caixa Geral de Depósitos é un banco público portugués, fundado en Lisboa en 1876.
Historia
[editar | editar a fonte]Foi fundada en 1876 como un banco estatal cuxas funcións principais eran a recepción de depósitos e a xestión da divisa pública. Posteriormente a súa actividade ampliouse a banco de investimento e popular.
En 1988 constitúese o grupo CGD coas participacións maioritarias no Banco Nacional Ultramarino (BNU) e a Fidelidade, empresas estatais que foran transformadas en sociedades de capital exclusivamente público.
En 1993 cambia a súa razón social a CGD, SA cando se transforma en sociedade de capital exclusivamente público, asumindo a operativa dun banco universal.
Posteriormente o Grupo realizou compras de entidades bancarias a nivel internacional: en España (Banco Luso Español, Banco de Estremadura e Banco Simeón, fusionando estas tres entidades no Banco Caixa Geral), en Suráfrica (Mercantile Lisbon Bank Holdings), en Mozambique (Banco Comercial de Investimento), Cabo Verde (Banco Interatlântico, SARL e Banco Comercial do Atlântico) e en Estados Unidos (Crown Bank).
En 2000 iniciou o proceso de integración das estruturas comerciais e centrais de CGD e de BNU, que culmina en 2001 coa fusión por absorción do BNU na CGD, desaparecendo este como marca excepto en Macau, onde o BNU continua como banco universal, emisor de moeda e axente do Tesouro. Ese mesmo ano o banco iniciou a estruturación das súas participacións financeiras por áreas de negocio mediante a creación de holdings sectoriais.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Caixa Geral de Depósitos |