Calendario celta
Calendario celta é o termo usado para referirse a unha variedade de calendarios usados polos pobos celtas en diferentes épocas da historia.
Calendario celta continental
[editar | editar a fonte]O calendario celta da Europa continental máis coñecido é o calendario galo de Coligny. Descuberto en Coligny, Francia, hoxe atópase exposto no museo do pazo das artes galo-romano de Lión (entón chamada Lugdunum) a uns 77 km. de Coligny. Data do século I BCE, cando o imperio romano impuxo o uso do Calendario xuliano na provincia romana da Gallia Lugdunensis. O calendario está gravado nunha placa de bronce, hoxe fragmentada (crese que foi obxecto de rotura ritual sagrada).
O calendario de Coligny é un intento de conciliar os ciclos da lúa e o sol, considera as fases da lúa como base de cálculo, e tódolos meses comezan coa mesma fase lunar.
O calendario usa unha regra matemática para manter un calendario normal de 12 meses sincronizado co ciclo lunar, engadindo un mes extra cada 2 anos e medio. O calendario de Coligny rexistra un ciclo de 62 meses lunares de 5 anos (tamén chamado grande ano celta, cando se sincronizan de novo os ciclos do sol e a lúa), dividindo cada mes en 15 días de luz (medio ciclo lunar), e 15 días de escuridade (o outro medio ciclo lunar).
A data do inicio do seu uso é descoñecida, a súa correspondencia cos calendarios dos celtas insulares (Eire e Bretaña) suxire que algunhas das formas lingüísticas e os cálculos implícitos poden datar de tempos proto-celtas, aproximadamente do 800 a. C.. O calendario Coligny efectúa unha complexa sincronización dos ciclos solar e lunar, mantendo un alto grao de sofisticación.
Termos calendáricos nas linguas celtas
[editar | editar a fonte]Moitos calendarios e termos de cálculo de tempo actuais manteñen termos utilizados nas linguas medievais e modernas celtas. Foron tomados prestados do latín e reflecten a influencia da cultura romana e do cristianismo sobre os celtas insulares (Eire, a Bretaña, Illa de Man, Cornualla). As palabras prestadas inclúen os nomes dos meses Januarius (irlandés antigo Enáir, galés Ionawr), Februarius (irlandés antigo Febre, galés Chwerfror), Martius (irlandés antigo Mart, galés Mawrth), Aprilius (irlandés antigo Apréil, galés Ebril), Maius (galés mai), Augustus (irlandés antigo Auguist, galés AWST), os nomes dos días da semana, Dies Solis (Dies Dominica, o Domingo cristián), Dies Lunae, Dies Martis, Dies Mercurii, Dies Iovis, Dies Veneris, Dies Saturnis; os termos Septimania "semana" -de sete días- (bretón Sizun, córnico seithum), Kalendae "primeiro día do mes" (irlandés antigo callann, galés Calan, bretón kala), tempore "tempo" (galés tymor), Matutina "mañá" (córnico Metin), Véspera "noite", novena "mediodía" (galés nawn) e Ora "data" (galés AWR, bretón euros) [1][2]. Un certo número de termos Celtas nativos sobreviviu á adopción do calendario romano cristián, porén:
Termo | Protocéltico | Galo | Irlandés antigo/Irlandés medio | Gaélico escocés | Manx | Galés | Córnico | Bretón |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Día / período de 24 horas | *latįon | lat (abreviatura, Coligny) | la(i)the | là, latha | laa | |||
Día | *diį- | (sin)diu = día (hoxe) | dia | dia | je | dydd | dydh | deiz |
Noite | *nokWt-, *ad-akWi-(?) | (tri)nox "(3)-noites, (decam)noct- "(10)-noites-" | nocht, adaig | nochd, oidhche | noght, oie | noeth (comp.), nos | neth (comp.), nos | neiz (comp.), noz |
Semana (oito noites/días) | *oktu-nokWt- / *oktu-diį- | wythnos "8-noites" | eizhteiz "8-días" | |||||
Quincena | *kWenkWe-decam-nokWt- | cóicthiges "15 (días)" | pythefnos "15 días" | pemzektez | ||||
Mes | *mīss- | mid | mí | mìos | mee | mis | mis | miz |
Ano | *bl(e)id-anī- | b[l]is (abreviatura, Coligny) | bliadain | bliadhna | blein | blwydd, blwyddyn | bledhen | bloavezh, bloaz |
Estación, Período de Tempo | *ammn, *ammn-stero-, *ratio-, *pritu- | amman | amm, aimser, ráithe | àm, aimsir | imbagh, emsher | amser, pryd | amser | amzer |
Inverno | *gijamo | giamo- | gem, gemred | geamhradh | geurey | gaeaf | gwav | goañv |
Primavera | *ers-āko "fin(do inverno)" (alt. *uesr-āko "[tempo de]primavera"), *ues-ant-ēn-, *ro-bertiā ("torrente, inundación") | earrach | earrach | arragh | gwanwyn | gwainten | reverzi (Bretón antigo: renacemento)[3][4] | |
Verán | *samo | samo- | sam, samrad | samhradh | sourey | haf | hav | hañv |
Outono | *uφo-gijam-r- "cara o inverno", *kintu-gijamo "comezo do inverno", *sito-[...] | fogamur | foghar | fouyr | cynhaeaf, hydref | kydnyav/kynyav, hedra, | here, diskar-amzer ("estación decaida") | |
Maio | *kintu-samVn- (V=vogal sen determinar) "comezo do verán" | Cétamain | Cèitean | Cyntefin | ||||
Xuño | *medio-samVn- (V=vogal sen determinar) "medio-verán" | Mithem(on) | Mehefin | Metheven | Mezeven |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Loth, Joseph. Les mots latins dans les langues brittoniques, E. Bouillon, 1892, p. 44 (et al.).
- ↑ Dicionario electrónico de lingua irlandesa, Royal Irish Academy, 1983. Online
- ↑ Jackson, Kenneth Hurlstone. A historical phonology of Breton, Dublin Institute for Advanced Studies, 1967, p. 296, p. 248.
- ↑ Hamp, Eric. "The Indo-European Roots *bher- in the Light of Celtic and Albanian", in Zeitschrift für celtische Philologie, Volume 39, 1982, pp. 205-218.