Cantarela
- Este artigo trata sobre un cogomelo, para a peza musical, véxase cantiga.
Cantarela | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Cantharellus cibarius Fr. (1821) |
A cantarela[1] ou pan de cabra (Cantharellus cibarius, do latín cantharellus, diminutivo de cantharus –i ‘vasilla’)[2] é un fungo basidiomiceto da familia Cantharellaceae. É un cogomelo moi apreciado polas súas calidades culinarias. Os cataláns denomínano rossinyol. Atópase entre as coníferas e árbores planifolias, na maior parte dos casos á sombra de aciñeiras, corticeiras e carballos. É un ingrediente moi empregado na gastronomía europea. Tamén se lle chama cantarelo ou cacafina.[3]
Características
[editar | editar a fonte]A súa cor non é característica, pois depende moito do terreo onde naza, podendo ser entre alaranxada e amarel esbrancuxada. O sombreiro é moi variábel e irregular e pode chegar a 10 cm.
Usos gastronómicos
[editar | editar a fonte]Pódese comer incluso cru, mais adóitase guisar e son aptas para secar ou salgar, consevándose perfectamente. A cantarela ten pequenas trazas de amanitinas, pero en cantidades que non son prexudiciais para o noso organismo.
Cogomelos parecidos
[editar | editar a fonte]Pode confundirse co Hygrophoropsis aurantiaca, que é un cogomelo comestíbel, mais hai outro cogomelo similar que é velenoso, o Omphalotus olearius.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Nome vulgar galego en Enciclopedia Galega Universal Vigo, Ir Indo, 2000
- ↑ "Cantarelo". Portal das Palabras. Consultado o 22 de outubro de 2016.
- ↑ "Cacafina" (PDF). Dicionario de alimentación e restauración. p. 60. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de abril de 2016. Consultado o 23 de xaneiro de 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Cantharellus (xénero)
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Cantarela |