Capela Notre Dame du Haut
Tipo | capela igrexa | |||
---|---|---|---|---|
Epónimo | Santa María | |||
Parte de | Obra arquitectónica de Le Corbusier | |||
Localización | ||||
División administrativa | Ronchamp, Francia | |||
| ||||
Características | ||||
Material usado | formigón | |||
Superficie | Patrimonio da Humanidade: 2,734 ha zona de protección: 239,661 ha | |||
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade | ||||
Data | 2016 (40ª Sesión) | |||
Identificador | 1321-012 | |||
Monumento histórico clasificado | ||||
Data | 11 de xuño de 2004 | |||
Identificador | PA00102263 | |||
Monumento histórico clasificado | ||||
Data | 8 de novembro de 1967 | |||
Identificador | PA00102263 | |||
Monumento histórico inscrito | ||||
Data | 5 de outubro de 1965 | |||
Identificador | PA00102263 | |||
Patrimoine du XXe siècle (en) | ||||
Historia | ||||
Data de creación ou fundación | 1956 | |||
Sitio web | collinenotredameduhaut.com | |||
A capela Notre Dame du Haut (nome completo en francés: Chapelle Notre-Dame-du-Haut de Ronchamp), coñecida informalmente como Ronchamp, é unha capela de culto católico construída entre 1950 e 1955 en Ronchamp, Francia polo arquitecto Le Corbusier, sendo un dos exemplos máis destacables de arquitectura relixosa no século XX.
Foi declarada Patrimonio da Humanidade como parte do conxunto «Obra arquitectónica de Le Corbusier - Contribución excepcional ao Movemento Moderno» no ano 2016. Recibe cada ano unhas 80.000 visitas.
Lugar
[editar | editar a fonte]A capela atópase nun outeiro preto de Belfort, no leste de Francia. Nese lugar, existía unha capela de peregrinación adicado á Virxe María, pero foi destruído durante a segunda guerra mundial.[1]
Para algúns críticos, a natureza que rodea o conxunto arquitectónico posúe moitas semellanzas coa Acrópole de Atenas, dende o ascenso no fondo do outeiro ata os eventos arquitectónicos e da paisaxe ó longo do camiño, xa que non se pode ver o edificio ata que non se alcanza case totalmente o cume do monte.
Arquitectura
[editar | editar a fonte]Le Corbusier abandona neste edificio os seus principios de estandarización e da máquina estética, construíndo un edificio específico para o lugar. A planta da igrexa está composta dunha nave de formas curvilíneas, con dúas entradas nos costados, un altar principal e tres capelas baixo as torres. No exterior, na súa fachada leste, e pechada polos muros e a cuberta, existe tamén un altar e un púlpito para a celebración de misas ao aire libre.
A súa estrutura é de formigón armado e cachotaría. A cuberta, composta exlusivamente de formigón armado, é o resultado da inversión dunha cúpula tradicional, sendo convexa cara a abaixo e cóncava cara a arriba. Está parcialmenta apoiada en piares, deixando unha franxa de separación entre a mesma e os cerramentos, pola cal penetra a luz ao interior.
Ampliación
[editar | editar a fonte]En 2011 levouse a cabo unha obra de ampliación do conxunto, levada a cabo por Renzo Piano en colaboración co paisaxista francés Michel Corajoud. Esta ampliación non interfire na visión dende a capela e ábrese cara á paisaxe. Este novo edificio substitúe o antigo centro de visitantes.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Bianchini, Riccardo. "Notre Dame du Haut Chapel by Le Corbusier – Ronchamp" (en inglés).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Capela Notre Dame du Haut |