Saltar ao contido

Capela de San Frutuoso de Montélios

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Capela de San Frutuoso de Montélios
Capela de San Frutuoso de Montélios
Datos xerais
PaísPortugal
LocalizaciónReal, Dume e Semelhe e Braga
Coordenadas41°33′37″N 8°26′19″O / 41.56037, -8.43874
Diocesearquidiocese de Braga
Arquitectura
Construción650-655 (Antigo Reino de Galiza baixo dominio do Reino visigodo )
EstiloArquitectura visigótica
Medidas100 x 70 m
Capela de San Froitoso en Portugal
Capela de San Froitoso
Capela de San Froitoso
Localización da Capela
editar datos en Wikidata ]

A capela de São Frutuoso de Montélios é un vestixio da arte visigoda e o monumento prerrománico máis importante de Portugal. Situada no norte do país, preto de Braga, a capela está no dominio dun antigo convento (o convento de San Francisco). O nome "Montelios" significa "pequena montaña".

A súa arquitectura revela a influencia bizantina exercida na arte visigoda. Construída entre os anos 650 e 665 por San Frutuoso ou Froitoso, bispo de Braga, ten planta de cruz grega.

As partes bastante heteroxéneas apuntan a que foi demolida durante a ocupación musulmá e reconstruída despois a principios do século XI.

Desde 1944, o edificio foi catalogado como monumento nacional [1] .

Certos testemuños históricos[Cómpre referencia] e tradición oral apuntan a que o lugar da capela estivo orixinalmente ocupado por unha pequena vila romana (arredor do 560) e, moi probabelmente, por un templo dedicado ao deus Asclepio.

En 656, San Frutuoso de Braga, tamén chamado Froitoso ou Frutuoso do Bierzo[2], naquela altura bispo de Braga e de Dume, fundou no lugar o mosteiro de San Salvador (São Salvador), que se converteu no centro relixioso máis importante da rexión. Tamén fixo construír a famosa capela, así como a súa futura tumba. San Valerio do Bierzo confirma o feito na biografía que lle dedicou, mencionando que alí se enterrou o santo que fundou o mosteiro.

Entre o IX e o X século, a capela foi reconstruída e redecorada. Un documento do ano 883 dinos que a capela está dedicada nesta ocasión ao Santo Salvador, confirmando tamén a data da primeira construción. Arredor do XII século, na chamada Reconquista, dedícaselle un culto. En 1102, o arcebispo de Santiago, Diego Xelmírez, fixo trasladar a Santiago de Compostela os restos mortuorios de Frutuoso.

En 1523, Don Diogo de Sousa fundou o convento franciscano da orde dos Capuchos da Piedade (Capuchinos), xunto á capela de San Fructuoso, probablemente destruíndo o antigo mosteiro de San Salvador.

Segundo as notas deixadas por frei Manuel de Monforte en 1696, na súa Crónica da Província da Piedade

ten forma de cruz con catro lados iguais; cada ramal contén unha capela pechada por un muro arqueado. Unha das capelas, que podería designarse como pé da cruz, serve de entrada. A capela que está diametralmente oposta a ela, a parte superior do cruceiro, serve de capela maior co seu altar. As outras dúas capelas, os brazos da cruz, conteñen os altares laterais; (...) o pequeno espazo desta igrexa ten vinte e catro columnas: catro no lateral da entrada; seis para cada unha das capelas e oito na parte central...

En 1728, o arcebispo Rodrigo de Moura Teles fixo construír xunto á capela a Igrexa de San Francisco. Esta é accesíbel desde a igrexa principal, debido a importantes modificacións. Estes cambios inclúen a destrución da fachada principal, a modificación dos brazos leste e oeste desta cruz latina, as alteracións das columnas internas, así como o cambio das marquesiñas .

Foi o arquitecto Ernesto Korrodi o primeiro en promover a recuperación do plano orixinal, en 1897, nunha pequena nota titulada Um Monumento Latino-Bizantino em Portugal. Pasará máis dun século antes de que João de Moura Coutinho e Sousa Lobo comecen a restauración seguindo os planos orixinais (1931). O arquitecto acudiu á hipótese de que a capela, e a tumba do VI século, sería un encargo de Frutuso de Braga, sobre o modelo do mausoleo de Gala Placidia en Rávena. A Dirección Xeral de Edificios e Monumentos Nacionais (DGEMN) continuou a restauración coa reconstrución da cúpula e do tellado en 1939, despois en 1941. No ano 1958, as reparacións incluíron a reconstrución dos muros, a porta, o revoco da cúpula e diversas reformas no recinto parroquial. En 1961 renovouse o pavimento e o arco principal, reconstruíuse a escaleira e a consolidaron o teito abovedado, seguido do proxecto de conservación en 1966. Restauracións similares realizáronse en 1970 (reparacións e limpeza da cuberta), 1973 (exame do crucifixo, reparacións, restauración de pinturas e recomposición do contorno da capela), 1984 (reordenación da cuberta e pinturas), e 1987 (novos proxectos sobre a restauración).

Arquitectura

[editar | editar a fonte]

A capela está situada contra a fachada lateral oriental da igrexa do convento de San Francisco por debaixo do nivel deste último. Se se accede ao interior da capela dende a igrexa, o acceso era orixinalmente desde o exterior a través dunha porta e un pequeno patio. Ao oeste da capela atópanse as ruínas do antigo convento e as súas dependencias, así como a Fonte de Santo António que se engadiu debaixo do edificio. Ao sueste, o antigo pavimento de granito conduce á Quinta do Lago (en francés : Domaine du lac) e na escola primaria de Real ao oeste.

A capela de São Frutuoso é un exemplo único en estilo prerrománico de trazas suevo-visigóticas, con planta en forma de cruz grega, aparentemente inspirada nos mausoleos bizantinos como o mencionado de Rávena. O volume principal da capela está rematado por unha pequena torre con cruz, cuberta con tellas redondeadas. Na parte superior dos muros hai cornixas bordeadas por frisos en pedra calcaria, que representan unha corda, semicírculos, rosetóns de seis puntas e flores de lis.

  1. Décret 33 587, DG 63 du 27 mars 1944
  2. "San Frutuoso de Montelius". Gallaecia Patrimonio da Humanidade, blog. Consultado o 16-1-2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]