Carcinoxénese
Os termos oncoxénese ou carcinoxénese fan referencia literal ó proceso polo cal se produce o cancro. É o proceso polo cal unha célula normal se converte nunha célula cancerosa. Caracterízase pola progresión de varios cambios celulares a nivel do material xenético que finalmente desemboca na reprogramación da célula provocando que se reproduza de maneira descontrolada, formando unha masa maligna.[1]
A división celular é un proceso fisiolóxico que ocorre en case todos os tecidos e baixo diversas circunstancias. Baixo circunstancias normais, o balance entre a proliferación e a morte celular programada, usualmente por medio do mecanismo de apoptose mantense estreitamente regulado asegurando desta forma a integridade de órganos e tecidos. As mutacións no ADN que poden conducir a unha transformación cancerosa interferen con este proceso de control interferindo co programa que o controla.
O proceso de oncoxénese é causado por estas mutacións no material xenético das células normais, que alteran o balance normal entre proliferación e morte celular. Como resultado prodúcese unha división celular descontrolada e un proceso evolutivo destas células por medio de selección natural dentro do organismo. A reprodución rápida e descontrolada de células poden producir tumores benignos e algúns tipos destes tumores poden converterse en malignos que é o que se coñece como cancro. Os tumores benignos non se esparexen a lugares afastados do organismo nin invaden outros tecidos, e polo xeral non representan unha ameaza para a vida a menos que compriman estruturas vitais ou teñan algunha actividade fisiolóxica (por exemplo, que sexan quen de producir algunha hormona). Os tumores malignos son quen de invadir outros órganos, espallarse a lugares distantes (proceso coñecido como metástase) e converterse nunha ameaza para a vida.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Oncología y cirugía. Bases y principios (en castelán). Editorial El Manual Moderno. ISBN 9786074482874.
Los agentes etiológicos son las causas directas de la transformación maligna, ya que alteran diversos mecanismos genéticos y bioquímicos. A este último proceso se le conoce como carcinogénesis u oncogénesis.