Carlos Albert Despujol
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XIX |
Morte | xaneiro de 1962 Madrid, España |
Deputado no Congreso dos Deputados | |
Actividade | |
Ocupación | comerciante, político |
Período de actividade | 1920 - 1941 |
Familia | |
Parentes | Manuel García Prieto |
Carlos de Albert Despujol, finado en Madrid en xaneiro de 1962,[1] foi un comerciante, xornalista, escritor e político español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi cronísta de sociedade de La Vanguardia, asinando co pseudónimo Boy. Casou en 1920 con María Victoria García-Prieto Montero, filla de Manuel García Prieto.[2] Foi elixido deputado a Cortes polo distrito de Ortigueira nas eleccións de 1920. Volveu ser elixido deputado polo mesmo distrito en 1923. En 1924 dirixiu en Madrid a Revista de Crédito.[3]
Obras
[editar | editar a fonte]- Pensamientos y abanicos, 1939.
- La gran tragedia de España, 1931-1939, 1940.
- Días y noches. Poemas, 1941.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Foi pai de Carlos Albert García-Prieto.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La Vanguardia, 16-1-1962, p. 24.
- ↑ "Noticia en ABC". Arquivado dende o orixinal o 08 de xaneiro de 2014. Consultado o 18 de setembro de 2012.
- ↑ El Compostelano, 11-5-1926, p, 1.
- ↑ La Vanguardia, 24-2-1966, p. 28.