Cartas paulinas
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
As cartas paulinas son unha división dos libros do Novo Testamento. As cartas paulinas abranguen todas as cartas que, ao longo da súa predicación, Paulo de Tarso lles foi enviando a distintas comunidades cristiás.
Autor e datas de composición
[editar | editar a fonte]O autor deste grupo de escritos é o apóstolo Paulo de Tarso, aínda que algúns expertos consideran que nalgunhas cartas como Colosenses ou as chamadas cartas pastorais, puido haber un traballo posterior de edición ou refundición. Foron compostas nun prazo de tempo que vai desde o ano 37, data da I Carta aos Tesalonicenses, ata os anos sesenta, xa na catividade en Roma.
As cartas
[editar | editar a fonte]Tal como as atopamos hoxe nas versións modernas da Biblia, as cartas ordénanse por tamaño, da máis longa á máis breve:
- Carta aos Romanos: única de todas as cartas que vai dirixida a unha comunidade cristiá non fundada por el.
- I Carta aos Corintios e II Carta aos Corintios: cartas nas que reflexiona sobre o que é ser cristián. Ofrecen moita información sobre os problemas que xurdían nas primeiras comunidades e sobre a organización interna das mesmas.
- Carta aos gálatas: interesante pola información autobiográfica que aporta.
- Carta aos efesios
- Carta aos filipenses: xunto coa Carta aos Colosenses, coa que está moi ligada, é considerada por algúns expertos como unha circular que ía pasando de comunidade en comunidade.
- Carta aos colosenses
- I Carta aos tesalonicenses: o primeiro escrito do Novo Testamento, trata o tema da nova chegada do Mesías.
- II Carta aos tesalonicenses
- I Carta a Timoteo: primeira das cartas pastorais, ofrecen moita información sobre a organización das comunidades cristiás.
- II Carta a Timoteo
- Carta a Tito: cunha temática similar a das Cartas a Timoteo.
- Carta a Filemón: carta persoal dirixida a un cristián en concreto, interesante por ver como aborda o tema da escravitude.
Cartas pastorais
[editar | editar a fonte]As cartas a Timoteo e a Tito, adoitan agruparse nunha categoría específica dentro do corpus paulino que se coñece como Cartas pastorais. Debe o nome ao seu contido, centrado na organización da Igrexa, deixando de lado cuestións teolóxicas propias das outras cartas.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cartas paulinas |