Centro Portugués de Vigo
Este artigo ou sección precisa dunha revisión ortográfica e/ou de gramática (recurso útil: corrector ortográfico en liña de galego). Podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Ortografía: Activar o revisor ortográfico. Colabora connosco neste artigo e noutros en condicións semellantes para que a Galipedia mellore e medre. |
Centro Portugués de Vigo | |
---|---|
Tipo | asociación |
Data de fundación | 1927 |
Sede | Vigo |
País | Galicia |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Centro Portugués de Vigo, fundado en 1927, foi corazón da comunidade portuguesa na cidade de Vigo[1]. Na súa época dourada, máis de 2000 familias participaban nas actividades e tiña unha forte vida social que xuntaba a unha comunidade tan diversa como era a dos emigrantes portugueses en Vigo. Tivo varios nomes, ata rematar coa súa forma final, que continúa no presente.
Historia
[editar | editar a fonte]Inicios
[editar | editar a fonte]A fundación do Centro Portugués de Vigo aconteceu o 10 de novembro do ano 1927 co nome de Centro Portugués de Cultura Artística e Social, en plena ditadura de Primo de Rivera. O primeiro lugar no que se asentou a sede foi na rúa Arines do Castro nº1 da cidade de Vigo, sendo matriculado no Consulado Geral de Portugal, con sede na mesma cidade, co número 3.857 e sendo aprobada a inscrición polo Gobernador Civil da Província de Pontevedra o 3 de decembro de 1927.
Os fundadores foran 28 cidadáns portugueses, que a día de hoxe fican inscritos nunha orla feita por Fernando d'Oliveira no ano 1931 e que se conserva na sede do “Centro”, o mesmo que os libros de actas e de rexistros de socios desde a súa fundación.
A súa finalidade primeira, ficou recollida nos seus estatutos: “Agrupar no seu selo a tódolos obreiros manuais e intelectuais portugueses, de ambos sexos que residan en España”. E foi esta a súa actividade desde o primeiro momento. Posteriormente, entre outros avances creouse unha biblioteca e unha caixa de beneficencia para a axuda mutua dos socios necesitados.
A Semana Portuguesa de Vigo, 1933
[editar | editar a fonte]No mes de marzo de 1933 iniciouse en Vigo o que seria a 1ª e única edición da Semana Portuguesa de Vigo.[2] Mais de 10.000 pombas-correo foran soltas segundo contan as crónicas. Foron estas unha especie de "mini-olimpiadas" con probas deportivas de natación, wáter-polo, hoquei e fútbol. Nesta Semana Portuguesa tamén houbo un lugar para unha excepcional feira do libro portugués e unha mostra de produtos portugueses. Tampouco faltou o Rancho de niñotas de Viana de Castelo.
No 24 de maio do ano de 1936, en plena II República, antes do inicio da Guerra civil española, asináronse uns estatutos novos aprobados polo Gobernador Civil da provincia en data de 2 de xuño de 1936. Neles, aparece unicamente xá a razón social da entidade como “Centro Portugués” e un novo domicilio na rúa Catorce de Abril número 9, 1º. En asemblea xeral de 1937, créanse uns novos estatutos. Nestes novos estatutos pasa ao seu nome definitivo “Centro Portugués de Vigo” e cun novo domicilio no centro da cidade, na rúa do Príncipe número 13, 1º.
Nestes vindeiros anos, tanto o Centro Portugués, como a propia cidade, viviron unha época de expansión e crecemento, que estaba relacionada cos beneficios económicos que viñeran da explotación do volfram[3][4] para a industria de guerra[5] dos nazis[6] e do que Vigo foi destacado porto de saída[7] e unha cidade onde coincidían espías británicos e nazis principalmente.
Os anos dourados
[editar | editar a fonte]Os 52 anos que estivo o Centro Portugués de Vigo na rúa do Príncipe, unha das principais arterias da cidade, foran os de maior vida social segundo lembran os anais do Centro, participando activamente da vida da cidade e contribuíndo no que seria un fito na vida da mesma: a inauguración da estatua homenaxe[8] a Camões na bautizada como “Praza de Portugal”.[9] Un grande espazo no centro urbano, que foi durante anos centro de conexión para os coches de liña que conectaban coas vilas da periferia da cidade e coas liñas de longo percorrido. Nesta mesma Praza de Portugal todos os 10 de xuño había unha grande homenaxe ao poeta, sendo depositada pola Xunta Diretiva do Centro Portugués de Vigo e socios do mesmo acompañados polas primeiras autoridades da cámara municipal, unha grande coroa de loureiros.
Durante este máis de medio século, o Centro tivo unha intensa vida social como lugar propio dos portugueses residentes en Vigo, onde partillaban moitos momentos da súa vida social; porén tamén foran moitas as conferencias e a vida cultural. Entre outras persoas o Comendador António Maria Santos da Cunha, Gobernador Civil de Braga, tamén o Vice-cónsul Victor Homem de Almeida, ou José Manuel Coelho de Paula, organizador no Centro de diversos cursos comerciais e de vendas e por citar mais algún importante, o profesor Óscar Lopes, que inaugurou as primeiras das Xornadas Galaico-Portuguesas o día 17 de decembro de 1969 no Círculo Mercantil e Recreativo de Vigo baixo a conferencia “Panorama da literatura portuguesa”.
Durante as II Xornadas Galaico-Portuguesas, organizadas polo Centro, o profesor D. Manuel Rodrigues López pronunciou unha conferencia baixo o título “A questão do Amadis de Gaula no contexto peninsular” . Nestas xornadas, na súa 3ª edición, tamén participou o grande artista Ernesto de Sousa, cunha conferencia titulada “Arte e anti-arte”
2ª época: visita de Mario Soares e sede do Instituto Camões en Vigo
[editar | editar a fonte]O 25 de novembro de 1989, comeza unha nova época co traslado a un novo local na rúa Romil número 12, 1º. Daquela, o Centro Portugués, recibe a primeira visita dun xefe de estado de Portugal, Mário Soares, acompañado da súa dona, quen visitaron o Centro Português de Vigo no 1991.[1][10] Uns anos despois, o Centro Portugués recibiu tamén a visita do pretendente da coroa portuguesa, o Duque de Bragança, Duarte Pio de Bragança, acompañado do senador Adriano Marquês de Magalhães e por Francisco de Calheiros, Conde de Calheiros.
Neses momentos, comezan os traballos conxuntamente co alcalde de Vigo Carlos Príncipe para crear na cidade a sede do Instituto Camões, que finalmente abriu as súas portas no 1998.[11]
Primeiras Aulas de Portugués, 1991
[editar | editar a fonte]Durante estes anos na rúa Romil daranse 16 cursos de iniciación á lingua portuguesa e 7 de perfeccionamento: sendo Lourdes Carita a primeira profesora, e Rosa Andajo Correia, a primeira lectora de lingua portuguesa na Universidade de Vigo. O Centro Portugués foi o primeiro a dar aulas de lingua portuguesa, nunha época onde na cidade de Vigo non existía tampouco na Escola Oficial de Idiomas. Foron un grande éxito no tempo, chegando aos 16 cursos de lingua entre iniciación e perfeccionamento, dous congresos de lingua e cultura portuguesa e inmensas conferencias sobre temáticas culturais en diversos lugares: Vigo, Lisboa, Tomar ou Tomiño foron sedes destas actividades onde impartiron conferencias tanto galegos como portugueses.
Aliás, Rosa Correia iniciaría unha cumprida actividade en levar o coñecemento da cultura portuguesa a través do Centro. Iniciariase o “I Congreso de lingua e cultura portuguesa” organizado polo Centro Português de Vigo e que contaría entre outros conferencistas con Wanda Ramos, Vera Luzia de Oliveira; que naquela altura era lectora de portugués na Universidade de Perúgia e notábel poetisa, tamén a notábel escritora Lídia Jorge ou Fernando Dacosta,...
Do 7 ao 31 de marzo de 1996 organizado polo Centro Portugués de Vigo produciuse o “II Congreso de lingua e cultura portuguesa: homenaxe a Fernando Pessoa”. As actas de dito congreso foram recollidas pola editorial “Colibrí”. Aquel Congreso contou entre outros conferencistas con Manuela Judice, Teresa Rita Lopes, Isabel Vaz Ponce de Leão, Richard Zenith, Alexandra Koss, Luciano Rodriguez e Fernando J.B. Martinho, sendo a directiva organizadora Rosa Correia, Lourdes Carita, Edite Lucas e o Centro Português de Vigo.
Rosa Correia segue a colaborar co Centro Português de Vigo do que é Vice-presidenta 1ª.
Nestes anos as evocacións das actividades do Centro Português de Vigo serian inmensas, poren, non podemos deixar ficar de fora dúas lembranzas especiais. Como son as de Pilar Muñoz Bacelar, funcionaria do Consulado Geral da República de Portugal en Vigo e que seria profesora do Centro e a outra, a bem-querida, e da que o Centro Portugués de Vigo mantén unha grande estimación, Dulce Matos, unha das persoas fundadoras do “Cais da Cultura” de Lisboa, seguidora e alumna do profesor Agostinho da Silva e colaboradora cultural infatigábel co Centro Português de Vigo desde o ano 1993 até o día no que finou. Ambas sempre estarán na memoria da entidade.
3ª época: Medalla de ouro da cidade de Vigo, 2002.
[editar | editar a fonte]No ano 2002, a cidade de Vigo recoñece a vida inmensa do Centro Portugués de Vigo, no seu 75º aniversario, e concédelle a máis alta honra da cidade, a medalla de ouro da cidade, recollida polo presidente Bernardino V. Crego Cervantes.[12] A entrega da medalla produciuse nun momento crítico para o Centro Portugués de Vigo, que xa se tiña desfeito da súa sede social e que parecía inescusabelmente dirixirse cara a súa desaparición definitiva. As débedas e a falta de socios non facían prever outra cousa que a súa desaparición definitiva.
Historia dunha emigración difusa, traballos sobre a emigración galega a Lisboa.
[editar | editar a fonte]Logo do fito que supuxo a instalación da sede do Instituto Camões en Vigo, o Centro Portugués de Vigo, entrou nunha época de inactividade. A situación financeira, a falta de socios e o abandono dos cursos de lingua portuguesa que daba o Centro, agora impartidos por institucións como a E.O.I. de Vigo ou o Instituto Camões, dificultan en moito a continuidade da institución. Nestes anos moitas das súas actividades, serán realizadas desde a “Sociedade de fraternidade Galiza-Portugal”, xa que estas traspasan agora as fronteiras do termo municipal vigués e adquiren unha nova dimensión. Durante ese tempo organizaría o “I Encontro Luso-Galaico” na cidade de Tomar. Desde esta sociedade colaborouse co concello de Ansião, e onde na freguesía de Alvorge se celebra o "Festival Luso-Galaico". Tamén estendeu a colaboración coa Xuventude da Galiza de Lisboa a través de múltiples actividades. Entre outras, colaborou na investigación documental en Lisboa que no final daria o libro e o documental de Xan Leira sobre a emigración galega en Lisboa[13] e un libro de Miguel Fernández sobre D. Manuel II, entre outras moitas actividades levadas adiante desde a Fraternidade Galiza-Portugal.
O director arxentino de orixe galega Xan Leira filmou e documentou a película "Galegos en Lisboa, a historia xamais contada"[14]. Segundo o cineasta, os galegos comezaran a instalarse en Lisboa a partir do século XV, cando Portugal vivía un momento de apoxeo polos seus descubrimentos en ultramar. Os especialistas consultados por Leira clasifican esta emigración dos galegos a Lisboa como «a nai de todas as migracións», aínda pouco coñecida polo público. Cunha duración de 55 minutos, o documental deseña o mapa da emigración galega a Lisboa e revela as marcas culturais e sociais que deixarían os emigrantes galegos na cidade. Segundo Leira, «é difícil saber que é patrimonio galego e que é patrimonio lisboeta».
As oportunidades para os galegos tamén apareceron logo das catástrofes naturais que asolaron Lisboa durante os séculos XVI e XVIII. Múltiplas persoas marcharian da Galiza para traballar nas reconstrucións de urxencia trás o forte sismo de Lisboa. Tamén para aló foron moitos adolescentes fuxindo das levas militares. Son incontábeis os galegos que son máis coñecidos como portugueses que como galegos; entre eles o famoso e coñecido como o "Assasino do Aqueducto das Aguas Livres", o Diogo Alves. Outros moitos "lisboanos" foran Agapito Serra Fernandes, Alfredo Guisado ou Manuel Cordo Boullosa, entre tantos outros.[15]
Coloquios
[editar | editar a fonte]Xa na segunda década do século XXI, o Centro Portugués de Vigo torna novamente a organizar baixo o seu nome actividades e reinicia, xa case exclusivamente, como entidade cultural a través do “I Coloquio sobre feminino e feminismo na literatura portuguesa”. Nesta etapa o Centro colabora intensamente na celebración dos "Colóquios de filosofía luso-galaicos sobre a saudade", conxuntamente co profesor Renato Epifanio e o M.I.L. Movimento internacional lusófono e organizados polo Instituto de filosofía luso-brasileira[16].
4ª época: 2017. Os grandes lumes do centro de Portugal
[editar | editar a fonte]En 2017, retoma os folgos coa celebración do 90º aniversario da súa fundación cun plano de actividades culturais xa establecidas arredor desta efeméride tan significativa.[17] Porén, os lumes de Pedrógão Grande, Figueiró dos Vinhos e Castanheira de Pera, Góis do distrito de Leiria e Góis do distrito de Coimbra, provocan unha grande dor no Centro, que marca unha nova axenda, para homenaxe dos finados e axuda e solidariedade coas gentes dos concellos que sofriron os grandes incendios.
As actividades do Centro encamiñáronse cara a máxima solidariedade cos pobos vítimas desta catástrofe. Xa en maio de 2019 é inaugurada a exposición "Pânico no lume" do colectivo de artistas "Arte no queimado" na freguesia de Alvorge, no concello de Ansião, km. "0" e unha das zonas destruídas polos lumes de 2017. Na elaboración da escultura homenaxe colaboraron artistas como Camilo Camaño ou Juan Coruxo.
25 de Abril sempre!
[editar | editar a fonte]Dende os anos 1990, o Centro establecera unha estreita colaboración coa "Biblioteca-Museu República e Resistência" da cidade de Lisboa. Daquela, organizáranse traballos para dar a coñecer o que foron aqueles días de Abril en Portugal, co seu significado histórico e cultural; houbo múltiples conferencia e convidados que participaran na revolución como o capitán Durán Clemente, de orixe galega.[15]
De novo, tras dúas décadas, retomouse a celebración do 25 de Abril e as homenaxes coa colaboración da EOI de Vigo e coa Asociación de Veciños do Calvario. Organizaron varios actos nunhas xornadas de memoria e coñecemento e nas que participaran algunhas das "voces de Abril" e fixéronse exposicións da obra do pintor Henrique Gabriel "As palavras de Abril" e unha serie de concertos de música portuguesa.
Avanzada xa a segunda década do século XXI, o Centro Portugués de Vigo marcouse como novo obxectivo a creación da "Casa da Lusofonia", dando seu apoio á recentemente criada Associação Impulsora Casa da Lusofonia.[18]
Biblioteca
[editar | editar a fonte]Nos seus arquivos atesoura inúmeras obras literarias que forman unha biblioteca próxima aos 20.000 exemplares. Logo de décadas de procurar un lugar[12] para catalogar os fondos e ter a disposición do público e de investigadores, en 2021 está a chegar a un acordo co concello de Mondariz para establecer nunha antiga escola da entidade local menor de Vilasobroso, construída cos cartos dun dos muitos "lisboanos" da comarca, a biblioteca-museo con exemplares que datan desde o século XV.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Oliva, M. (31 de xullo de 2017). "El resurgir del Centro Portugués tras noventa años de historia". atlantico.net (en castelán). Consultado o 12 de abril de 2021.
- ↑ "Semana Portuguesa de vigo" (PDF). 27 de marzo de 1933. Consultado o 13 de abril de 2021.
- ↑ Ruiz de Arcaute, M. (30 de maio de 2020). "El conservero alemán que vendió wolframio a los nazis y ahora abre una disputa entre Vigo y parientes de Franco". abc.es (en castelán). Consultado o 6 de abril de 2021.
- ↑ Rolland, Eduardo (9 de novembro de 2015). "O volframio galego de Don Federico Guillermo". gciencia.com. Consultado o 6 de abril de 2021.
- ↑ Rolland, Eduardo (18 de abril de 2016). "En tiempos de lobos sucios". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 6 de abril de 2021.
- ↑ Rolland, Eduardo (22 de maio 2010). "Hitler en Vigo". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 6 de abril de 2021.
- ↑ Redacción (2014-09-21). "Así era la "embajada" nazi en Vigo". farodevigo.es (en castelán) (publicado o 21 de setembro de 2014). Consultado o 6 de abril de 2021.
- ↑ Mosquera, Javier (29 de setembro de 2013). "El busto de Camões, a la espera de rótulo o placa". farodevigo.es (en castelán). Consultado o 6 de abril de 2021.
- ↑ Albertos Benayas, Javier (2002-2018). "Plaza Portugal". vigoenfotos.com (en castelán). Consultado o 12 de abril de 2021.
- ↑ "Visita de Mário Soares à Galiza". arquivos.rtp.pt (en portugués). 9 de xullo de 1991. Consultado o 9 de abril de 2021.
- ↑ Redacción (18 de outubro de 2018). "El Camões cumple 20 años en Vigo". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 6 de abril de 2021.
- ↑ 12,0 12,1 Méndez, Ó. (27 de agosto de 2018). "El Centro Portugués busca un local en la ciudad para abrir una biblioteca con 3.000 ejemplares". farodevigo.es (en castelán). Consultado o 6 de abril de 2021.
- ↑ "Un documental conta a descoñecida historia da emigración galega a Lisboa.". emigracion.xunta.gal. Consultado o 13 de abril de 2021.
- ↑ Redacción (21 de xaneiro de 2009). "Historias de Galicia en Lisboa". elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 7 de abril de 2021.
- ↑ 15,0 15,1 Redacción (1 de decembro de 2019). "Galegos em Lisboa: de aguadeiros a milionários". ocio.dn.pt (en portugués). Consultado o 6 de abril de 2021.
- ↑ "Dezembro 2020: VII Colóquio Luso-Galaico sobre a Saudade". iflb.webnode.com. decembro 2020. Consultado o 6 de abril de 2021.
- ↑ Oliva, M. (31 de xullo de 2017). "El resurgir del Centro Portugués tras noventa años de historia". atlantico.net (en castelán). Consultado o 9 de abril de 2014.
- ↑ Europa Press (10 de marzo de 2021). "Impulsan la instalación en Ourense de la Casa da Lusofonía Ourense, tras firmar un acuerdo Diputación y asociación". galiciapress.es (en castelán). Consultado o 6 de abril de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Leira, Xan (2007). Historia dunha emigración difusa: a emigración galega a Lisboa (PDF). edición electrónica. Acuarela comunicación / Secretaría Xeral de emigración.