Centro de entretemento de Khan Shatyr
Centro de entretemento de Khan Shatyr | |
---|---|
Edificio | |
Custo | US$400 000 000 |
Localización | Astana, Casaquistán |
Coordenadas | 51°07′56″N 71°24′14″L / 51.132222222222, 71.403888888889 |
Construción | |
Inicio | decembro de 2006 |
Remate | xullo de 2010 |
Dimensións | |
Altura máxima | 150 m |
Superficie por planta | 100 000 m2 |
Equipo | |
Arquitecto(s) | Foster and Partners |
Enxeñeiro estrutural | Buro Happold |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Centro de entretemento de Khan Shatyr é un edificio transparente da cidade de Astana, a capital de Casaquistán. O proxecto arquitectónico deuno a coñecer o Presidente de Casaquitán Nursultan Nazarbayev o 9 de decembro de 2006 e inaugurouse en xullo de 2010. Foi deseñado polo arquitecto británico e Premio Pritzker Norman Foster.[1]
A tradución literal de Khan Shatyr sería "a tenda do Khan" en referencia á tenda que un gobernante nómade casaco empregaba durante as súas campañas e a estrutura do propio edificio estaría inspirada neste tipo de tenda. Con 150m de altura, ten unha base elíptica de 200 m que cobre unha área de 100 000m m2.[2] Debaixo da carpa, ten unha área maior que 10 estadios de fútbol, cun parque interno a escala urbana, con zona comercial e de entretemento con prazas e rúas, un río, un minigolf e un resort de praia interior.
Este é o segundo edificio de Foster na capital centroasiatica, despois do Palacio da Paz e a Reconciliación[3].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Viva, Arquitectura. "Norman Foster en Kazajistán: Centro Khan Shatyr". Arquivado dende o orixinal o 10 de outubro de 2016. Consultado o 28 de agosto de 2016.
- ↑ "Foster and Partners page on the project". Arquivado dende o orixinal o 05 de xullo de 2009. Consultado o 05 de agosto de 2014.
- ↑ "Palacio de la Paz y la Reconciliación | Foster + Partners". www.fosterandpartners.com. Arquivado dende o orixinal o 29 de agosto de 2016. Consultado o 2016-08-28.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Khan Shatyr (en casaco)