Charles Hermite
Charles Hermite, nado en Dieuze o 24 de decembro de 1822 e finado en París o 14 de xaneiro de 1901[1] foi un matemático francés que investigou no campo da teoría de números, sobre as formas cuadráticas, polinomios ortogonais e funcións elípticas, e na álxebra. Varias entidades matemáticas chámanse hermitianas[2] na súa honra. Tamén é coñecido pola interpolación polinómica de Hermite.
Foi o primeiro que demostrou que e é un número transcendente e non a raíz dunha ecuación alxébrica ou polinómica con coeficientes racionais. Ferdinand von Lindemann seguiu o seu método para probar a transcendencia de π (1882).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi titular da cátedra de Álxebra superior na Facultade de Ciencias de París, sucedendo a Jean-Marie Duhamel de 1871 a 1898, e profesor de Análise na École polytechnique de 1869 a 1878.[3]
Entrou a formar parte da Academia de Ciencias Francesa en 1856 en substitución de Jacques Binet, e pasou a presidila en 1890. Foi nomeado grande oficial da Lexión de Honra e recibiu a gran cruz da Estrela polar de Suecia.
Casou coa irmá do matemático Joseph Bertrand, e foi sogro do matemático Émile Picard e do enxeñeiro Georges Forestier.
A maior parte das súas obras foron recompiladas e publicadas despois da súa morte por Émile Picard. A súa correspondencia con Stieltjes publicouse en 1903.
Algunhas publicacións
[editar | editar a fonte]- "Sur quelques applications des fonctions elliptiques.", París, 1854 Imaxes de páxinas, de Cornell
- "Cours professé à la Faculté des Sciences", ed. Andoyer, 4ª ed. París, 1891 Imaxes de páxinas, de Cornell
- "Correspondance", ed. Baillaud & Bourget, París, 1905, 2 vols. PDF Copia de UMDL
- "Oeuvres de Charles Hermite" ed. Picard para a Academia de Ciencias, 2 vols., París, 1905 & 1908. PDF copia de UMDL
Honras
[editar | editar a fonte]Eponimia
[editar | editar a fonte]- As entidades matemáticas hermitianas, como os polinomios de Hermite, os espazos hermitianos, as matrices hermitianas e o teorema de Hermite-Lindemann
- Centro Charles Hermite en Nancy, centro de Cálculo da rexión Lorena, creado en 1994[4]
- O cráter lunar Hermite
- O asteroide (24998) Hermite
- Unha porta, con representación en baixorrelevo na Sorbona
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Linehan 1910.
- ↑ Masa Vázquez, Xosé M.; Fortes López, Belén (1995). Servicio de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela, ed. Vocabulario de Matemáticas. Santiago de Compostela. ISBN 84-8121-369-1.
- ↑ O'Connor & Robertson 2001.
- ↑ "Centro Charles Hermite". Arquivado dende o orixinal o 10 de febreiro de 2008. Consultado o 16 de febreiro de 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Œuvres de Charles Hermite (t1) editado por Émile Picard (ficheiro DjVu en Internet Archive) (en francés)
- Œuvres de Charles Hermite (t2) editado por Émile Picard (ficheiro DjVu en Internet Archive) (en francés)
- Œuvres de Charles Hermite (t3) editado por Émile Picard (ficheiro DjVu en Internet Archive) (en francés)
- Œuvres de Charles Hermite (t4) editado por Émile Picard ficheiro (DjVu en Internet Archive) (en francés)
- Charles Hermite no Proxecto Gutenberg
- Charles Hermite en Mathematics Genealogy Project