Chico Buarque
Francisco Buarque de Hollanda, máis coñecido como Chico Buarque, nado no Río de Xaneiro o 19 de xuño de 1944, é un poeta, músico, compositor, dramaturgo e novelista brasileiro. Foi Premio Camões en 2019.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Familia e primeiros anos
[editar | editar a fonte]Naceu no seo dunha familia intelectual. O seu avó Cristóvão Buarque de Hollanda foi fundador da Escola de Farmácia da Universidade de São Paulo; o pai, Sérgio Buarque de Hollanda, foi un coñecido historiador e sociólogo, a súa nai María Amélia Buarque de Hollanda, finada aos 100 anos en 2010, foi unha intelectual, colaboradora en obras de seu pai, ademais de pianista, e neta de Cesário Alvim. Chico Buarque ten seis irmáns, entre eles as artistas Miúcha, Ana de Hollanda e Cristina Buarque. Ao contrario da crenza popular, o lexicógrafo Aurélio Buarque d'Hollanda era só un familiar arredado da familia paterna do Chico.[2]
O neno Chico era estudoso, cun interese temperán pola música e a escritura. Desde pequeno fiicou impresionado pola música, especialmente pola bossa nova e sobre todo pola obra de João Gilberto.
Casou coa actriz Marieta Severo, coa que ten tres fillas.
Carreira musical e literaria
[editar | editar a fonte]É coñecido principalmente polas súas cancións de marcada harmonía, debedoras en parte de Antônio Carlos Jobim, a quen homenaxea chamando "meu maestro soberano foi Antônio Brasileiro"[3], e polas súas letras, que oscilan entre unha temática de carácter intimista, até cuestións como a situación cultural, económica e social do Brasil.
Colaborou con moitos músicos brasileiros, con algúns deles gravou discos ao vivo, por exemplo con Caetano Veloso e Maria Bethânia; varios deles son mencionados na súa música "Paratodos".[3]
Ao longo da súa vida foi alternando a súa carreira musical coa de novelista e dramaturgo. As súas dúas últimas novelas, Budapeste (2005) e Leite derramado (2009), foron aclamadas pola crítica e merecedoras do Premio Jabuti.
O 2 de decembro de 2012, Miguel Faria realizou o filme documental Chico - Artista Brasileiro[4], presentando un espectáculo do Chico Buarque combinado con declaracións súas e testemuñas doutros nomes da música popular brasileira (MPB) e con representacións de personaxes presentes nas cancións máis famosas do artista.[5][6]
En novembro de 2022, o deputado estadual Eduardo Bolsonaro, fillo do presidente Jair Bolsonaro utilizou nas súas redes sociais a música “Roda Viva” do Chico Buarque. Ese feito foi denunciado polo autor, en primeira instancia a Justiça do Rio de Janeiro cuestionou a autoría por "ausência de documento indispensável sobre os direitos autorais". Os avogados do cantor recorreran a decisión afirmando “É de se anotar que o fato de que Chico Buarque é compositor e cantor de ‘Roda Viva’, especialmente no fonograma utilizado pelo réu, é fato público e notório. Trata-se de uma das músicas mais marcantes da cultura popular brasileira e da história das canções de protesto”. En decembro de 2022 a Xustiza concedeu tutela anticipada de urxencia, decidindo que Bolsonaro debía retirar imediatamente o post da música da rede social baixo pena de pagar multa diaria de R$ 1 mi. [7]
Discografía
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Lucas, Isabel. "Chico Buarque, um Prémio Camões com mensagem artística e política". PÚBLICO (en portugués). Consultado o 2022-12-17.
- ↑ "Crítica do livro Leite derramado". web.archive.org. 2021-10-27. Arquivado dende o orixinal o 27 de outubro de 2021. Consultado o 2022-12-17.
- ↑ 3,0 3,1 "Paratodos - Chico Buarque". Letras.mus.br (en portugués). Consultado o 2022-12-17.
- ↑ "Chico: Artista Brasileiro". Globo Filmes (en castelán). Consultado o 2022-12-17.
- ↑ "Chico Buarque vai ganhar documentário com paralelo entre carreira de cantor e compositor". O Globo (en portugués). 2012-12-02. Consultado o 2022-12-17.
- ↑ AdoroCinema. "Diretor de Vinícius prepara documentário sobre Chico Buarque". AdoroCinema (en portugués). Consultado o 2022-12-17.
- ↑ "Juiz ordena que Eduardo Bolsonaro retire música de Chico Buarque das redes" (en portugués). 2022-12-17. Consultado o 2022-12-17.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Chico Buarque |