Saltar ao contido

Choe Yong-rim

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaChoe Yong-rim
Biografía
Nacemento20 de novembro de 1930 Editar o valor en Wikidata (93 anos)
Kankyō-hoku Prefecture, Coreia sob domínio japonês (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Primeiro ministro de Corea do Norte
7 de xuño de 2010 – 1 de abril de 2013
← Kim Yong-il (pt) TraducirPak Pong-ju → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade Kim Il-sung (pt) Traducir
Universidade Estatal de Moscova
Mangyongdae Revolutionary School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido dos Traballadores de Corea Editar o valor en Wikidata
Premios

Choe Yong-rim (en coreano: 최영림), nado en Ryanggang o 20 de novembro de 1930, é un político norcoreano que foi primeiro ministro de Corea do Norte entre 2010 e 2013.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Choe Yong-rim estudou na Escola Revolucionaria Mangyongdae, na norcoreana Universidade Kim Il-sung e na Universidade Estatal de Moscova, na Unión Soviética, e ocupou diversos cargos desde 1950. Do 11 de abril de 2005 a xullo de 2009, foi secretario xeral do Presidium da Asemblea Popular Suprema de Corea do Norte, cargo no que substituíra a Kim Yunhyŏk. O 30 de maio de 2010, era secretario en xefe do Comité Local da cidade de Pyongyang do Partido dos Traballadores de Corea.

Como primeiro ministro, Choe foi o xefe de goberno do país, o que significa que nomeaba aos ministros e vice-primeiros ministros, que son confirmados pola Asemblea Popular Suprema, sendo tamén responsable da política económica e doméstica. Oficialmente, Choe era parte dun triunvirato que dirixe o poder executivo de Corea do Norte, cada un con poderes equivalentes a un terzo dos poderes dun presidente nos sistemas presidenciais. Choe Yong-rim á fronte do goberno, o presidente do Parlamento, manexa as relacións exteriores, e o Presidente da Comisión Nacional de Defensa, comanda as forzas armadas. Especulouse que o antecesor de Choe, Kim Yong-il, foi destituído en parte debido ás reformas monetarias que tiveron lugar a principios de 2010. Kim desculpouse publicamente polos contratempos antes de renunciar.