Christian Gálvez
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Carlitros Christian Gálvez Montero 19 de maio de 1980 (44 anos) Móstoles, España |
Actividade | |
Campo de traballo | Literatura, actividade literaria, xornalismo, museologia (pt) e quiz show (en) |
Ocupación | presentador, museólogo, presentador de televisión, escritor, guionista, actor de televisión, xornalista |
Período de actividade | 1996 - |
Sitio web | christiangalvez.com |
Christian Gálvez Montero, nado en Móstoles (Comunidade de Madrid) o 19 de maio de 1980, é un actor e presentador español. É coñecido principalmente por ter sido reporteiro de Caiga quien Caiga de 2005 a 2007 e por presentar o programa Pasapalabra de 2007 a 2019.
Biografía
[editar | editar a fonte]Empezou a estudar maxisterio pero non chegou a terminar a carreira, agora proba a estudar a distancia filoloxía inglesa, lingua que coñece á perfección.
Primeiros traballos como actor
[editar | editar a fonte]O seu primeiro traballo como actor foi na serie de televisión Médico de Familia na cal tivo un pequeno papel durante o episodio 8 da segunda tempada: "Cuando digo no, es no". Alí interpretou a Juanma, un amigo de Alberto que violou á súa noiva. Tamén participou noutras series como La casa de los líos ou Al salir de clase.
Como actor de teatro tamén lle puidemos ver en Jesucristo Superstar s.XXI, El tintero e La otra cara de la luna. Tamén participou en Yo soy Bea facendo como si mesmo en Pasapalabra.
Presentador
[editar | editar a fonte]Traballou como presentador en Verano Noche, Humor de Noche ou Desesperado Club Social (polo que foi galardoado co Premio Ondas).
Pero a fama non chegou a este madrileño ata que lle elixiron como reporteiro de Caiga Quien Caiga onde estivo desde 2005, cando volveu a cargo de Manel Fuentes, ata 2007.
Presentou Pasapalabra dende xullo de 2007 ata outubro de 2019, tempo no que se emitiron máis de 3000 edicións do programa, que foi gañador do TP de Ouro ao mellor concurso de 2008 e 2009. Desde o 1 de xaneiro de 2008 colabora no concurso de descubrimento de novos talentos Tú sí que vales. En decembro de 2008 estreou tamén en Telecinco o concurso Operación Tony Manero, o cal non tivo moito éxito. En 2009, compaxinou con Pasapalabra o reality Supervivientes, xa que Jesús Vázquez abandonou o programa para presentar Operación Triunfo 2009 e o madrileño colleulle a substitución.
En xaneiro de 2011, presentou a gala benéfica Juntos en Telecinco.
Tamén foi guionista, modelo e actor de dobraxe (videoxogo de PS3 Little Big Planet) e fixo varias campañas publicitarias. En 2014 dirixiu o videoclip "Huelo el Miedo", do grupo Warcry, como director e protagonista do mesmo. Tamén escribiu un libro: "Sin-vergüenzas por el mundo", no cal narra as súas experiencias como reporteiro.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Anteriormente estivo con Veruska Ramírez. Christian Gálvez coñeceu a Almudena Cid en Pasapalabra cando foi de invitada. Sentiuse atraído por ela nada máis vela, pediulle o teléfono ao seu representante e comezaron a falar. Foron noivos durante tres anos, desde 2007 ata 2010. A proposición de matrimonio foi en París.
Casaron o 7 de agosto de 2010 nunha leira de Torrelodones (Madrid). O alcalde de Móstoles, cidade natal de Christian, foi o encargado de casalos.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]- Médico de Familia (1996) en Telecinco.
- Desesperado Club Social (1999-2002) en Antena 3.
- Caiga Quien Caiga (2005-2007) en Telecinco.
- Pasapalabra (2007- ) en Telecinco.
- Tú sí que vales (2008-2009) en Telecinco.
- Supervivientes (2009) en Telecinco.
- Operación Tony Manero (2009) en Telecinco.