AMX International AMX
AMX International AMX | |
---|---|
Tipo | avión de ataque ao chan |
Fabricante | AMX International |
Primeiro voo | 15 de maio de 1984 |
Introducido | 1989 |
Principais usuarios | Forza Aérea de Italia Forza Aérea do Brasil |
Produción | 1986-1999 |
Unidades construídas | unhas 200 |
O AMX International AMX é un avión de ataque ao chan desenvolvido conxuntamente por Brasil e Italia. O AMX é designado A-11 Ghibli pola Forza Aérea de Italia e A-1 pola Forza Aérea do Brasil. O nome italiano, "Ghibli", está collido do vento cálido e seco do deserto libio.
Durante os primeiros anos dos anos 70 o fabricante italiano Aermacchi realizou un estudo de deseño dun posible avión lixeiro de ataque a terra, que recibiu a designación MB-340. A principios de 1977 a Forza Aérea italiana publicou un requisito para 187 avións de ataque de nova construción, que substituirían aos seus Aeritalia G.91 no apoio aéreo próximo. Durante o ano 1980 o goberno do Brasil anunciou que estaba intentando participar no programa co obxectivo de proporcionar un subsituto ao Aermacchi MB-326. Como resultado dun memorando entre Italia e o Brasil para o desenvolvemento conxunto do tipo en 1981, creouse a AMX International, unha empresa conxunta italo-brasileira, para desenvolver, fabricar e comercializar o aparello.
Desenvolvemento
[editar | editar a fonte]A principios de 1977, a Forza Aérea de Italia emitiu un requisito por 187 cazas de ataque de nova construción que deberían substituír os seus Aeritalia G.91 nas misións de apoio aéreo próximo e recoñecemento, así como aos Lockheed RF-104G Starfighter que tamén usaba no rol de recoñecemento.[1][2] En vez de competir polo contrato, Aeritalia (agora Alenia Aeronautica) e Aermacchi acordaron elaborar unha proposta conxunta para o requirimento, xa que ámbalas dúas firmas estiveran considerando desenvolver un avión dese tipo durante varios anos. A principios dos 70, Aermacchi realizara un estudo de deseño para un avión de ataque lixeiro dese tipo baixo a designación MB-340. En abril de comezou oficialmente o traballo de desenvolvemento conxunto.[3]
Nos anos 90 o goberno do Brasil anunciou a súa intención de participar no programa para conseguir un substituto para o Aermacchi MB-326. En xullo de 1981, os gobernos italiano e brasileiro acordaron requisitos conxuntos para o aparello, e Embraer foi convidada a unirse á asociación industrial.[3] Tamén se chegou a un acordo para dividir a fabricación de AMX entre os socios; por cada avión de produción, Aeritalia fabricaría o 46,5 % das compoñentes (fuselaxe central, estabilizadores e temóns), Aermacchi o 22,8 % (fuselaxe dianteira e cono de cola), e Embraer o 29,7 % (ás,entradas de aire, píos e tanques lanzables).[1] Non había traballos dupricados e cada compoñente era fabricado por unha única empresa. Os requisitos previstos eran 187 avións para Italia e 100 para Brasil.[2]
Nas primeiras fases do desenvolvemento, estudáronse varios motores e configuracións de potencia para impulsar ao tipo; considerrouse tanto o uso dun ou dos motores. A utilización de motores e procedencia estadounidense descartouse rapidamente para evitar calqueras potenciais restricións á hora de exportar o aparello.[2] Entre os motores examinados estaban os Turbo-Union RB199 (usado polo máis grande Panavia Tornado), Rolls-Royce Turbomeca Adour, Rolls-Royce Viper, e Rolls-Royce Spey.[2] En 1978, o modelo Spey 807, que contaba con varias melloras adicionais, foi escollido para equipar ao aparello.[2]
As características clave que, segundo os informes, foron enfatizadas no proceso de deseño da nova aeronave foron a accesibilidade e a supervivencia; o AMX tiña que ser capaz de soportar un único fallo en calquera sistema de a bordo sen degradación do rendemento.[2] Para conseguir isto, os sistemas clave están dupricados e os sistemas vitais están protexidos; considerouse o uso de blindaxe na cabina pero finalmente descartouse debido aos gastos que supoñía.[2] A fase de definición detallada do proxecto completouse en marzo de 1980.[1]
Fabricáronse un total de sete prototipos capaces de voar para o programa de probas, tres por Aeritalia, dous por Aermacchi, e dous por Embraer, ademais de dúas fuselaxes estáticas. O primeiro prototipo, montado en Italia, realizou o seu voo de estrea o 15 de maio de 1984. Este avión perdeuse no seu quinto voo nun accidente, morrendo o seu piloto.[4] Ademais desta primeira perda, as probas progresaron sen problemas e sen máis incidentes.[5] O primeiro prototipo montado no Brasil voou o 16 de outubro de 1985. O 11 de maio de 1988 o primeiro avión de produción realizou o seu voo de estrea.[6] As entregas a Italia comezaron en 1988,[4] e ao Brasil no ano seguinte.[7] O 14 de marzo de 1990 voou por vez primeira o prototipo bipraza do AMX.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Braybrook, Roy. "Assessing the AMX". Air International, June 1989, Vol 36 No 6. Bromley, UK: Fine Scroll. ISSN 0306-5634. pp. 267-278.
- Gunston, Bill and Peter Gilchrist. Jet Bombers: From the Messerschmitt Me 262 to the Stealth B-2. Osprey, 1993. ISBN 1-85532-258-7.
- Lambert, Mark. Jane's All The World's Aircraft 1993–94. Coulsdon, Surry, UK: Jane's Data Division, 1993. ISBN 0-7106-1066-1.
- Metius, Wojtek. "AMX IOC: Service use for Italy's new agile attacker". ''Air International'', October 1992, Vol 43 No 4. Stamford, UK: Key Publishing. ISSN 0306-5634. pp. 222-225.
- Warwick, Graham. "AMX design reflects Tornado experience". Flight International, 21 de novembro de 1981. pp. 1544-1545.