A Barrela, Lousada, Carballedo
A Barrela | |
---|---|
Estrada cara a Lugo | |
Parroquia | Lousada |
Concello | Carballedo |
Coordenadas | 42°32′20″N 7°48′48″O / 42.538861, -7.813389 |
Poboación | 220 hab. (2018) |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Barrela é unha pequena vila da parroquia de Lousada, no concello de Carballedo na comarca de Chantada. Segundo o INE en 2018 tiña 220 habitantes (112 mulleres e 108 homes), 5 máis ca en 2017 e 2016, 18 máis ca en 2010 (100 mulleres e 98 homes) e un máis ca en 1999.
Na Barrela, capital do concello de Carballedo, atópanse os diferentes servizos, amais da casa consistorial, como a farmacia ou o centro de saúde. O día da feira é o 13 de cada mes.
Na Barrela naceu en 1906 María Isaura Vázquez, máis coñecida como Maruxa Villanueva. Tamén está moi ligada á Barrela a actriz María Vázquez, por ser a terra da súa nai e avós, e o escultor Buciños que tivo moitos anos un obradoiro na vila.
Toponimia
[editar | editar a fonte]Barrela vén do termo prerromano barra + o diminutivo -ela. O termo "barra" podería referirse a unha casa baixa e de pouca altura, un depósito de leña ou palla no pallar ou unha cama de táboas.[1].
A Barrela na cultura popular
[editar | editar a fonte]Pra cireixas A Barrela,pra comer ben en Taboada,
e pra merendas e festas,
as da terra de Chantada[2]
Pra bos viños A Barrela,pra boas mozas Chantada,
e pra boas enchedelas,
hai que achegarse a Taboada[3]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Santiago de Lousada
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Lousada no concello de Carballedo (Lugo) | |
---|---|
A Barrela | Lousada de Abaixo | Lousada de Arriba | Lulaíños | San Paio | Valiño |
Parroquias de Carballedo
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Nomes de lugar no concello de Carballedo". Os Parentes. Arquivado dende o orixinal o 04/09/2017. Consultado o 03/09/2017.
- ↑ Rielo Carballo, Nicanor (1976). Escolma de Carballedo. Ed. Castrelos. p. 50. ISBN 84-7041-041-5.
- ↑ Rielo Carballo, Nicanor (1976). Escolma de Carballedo. Ed. Castrelos. p. 102. ISBN 84-7041-041-5.