American Crime Story
American Crime Story | |
---|---|
Logo de American Crime Story. | |
Formato | Crime e antoloxía |
Creado por |
|
Desenvolvido por |
|
Intérpretes | |
Tema de apertura | Mac Quayle |
País de orixe | Estados Unidos |
Lingua(s) | Inglés |
Temporadas | 3 |
Episodios | 29 (Lista de episodios) |
Produción | |
Produtor(es) executivo(s) |
|
Localización(s) |
|
Cámara | Cámara única |
Duración | 41–66 minutos |
Distribuidor | 20th Television |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | FX |
Primeiro episodio | 2 de febreiro de 2016 |
Derradeiro episodio | presente |
Na rede | |
http://www.fxnetworks.com/shows/american-crime-story/ | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
American Crime Story é unha serie de televisión estadounidense antolóxica desenvolvida por Scott Alexander e Larry Karaszewski, que son produtores executivos xunto con Brad Falchuk, Nina Jacobson, Ryan Murphy e Brad Simpson. Dun xeito semellante á serie antolóxica American Horror Story,[1] que tamén é de Murphy e Falchuk, cada tempada preséntase como unha miniserie autoconclusiva, baseándose en diferentes eventos reais sen relación entre as tempadas. Alexander e Karaszewski non continuaron logo do remate da primeira tempada, mais mantivéronse como produtores executivos.[2] A serie estreouse orixinalmente a través da canle por cable estadounidense FX.
A primeira tempada, subtitulada The People v. O. J. Simpson, presenta o xuízo por asasinato de O. J. Simpson, e baséase no libro de Jeffrey Toobin The Run of His Life: The People v. O. J. Simpson. Estreouse o 2 de febreiro de 2016.[3][4][5] A segunda tempada, subtitulada The Assassination of Gianni Versace, explora o asasinato do deseñador Gianni Versace polo asasino en serie Andrew Cunanan, e baséase no libro de Maureen Orth Vulgar Favors: Andrew Cunanan, Gianni Versace, and the Largest Failed Manhunt in U.S. History. A terceira tempada, chamada Impeachment, relata o escándalo Clinton–Lewinsky, e baséase no libro A Vast Conspiracy: The Real Story of the Sex Scandal That Nearly Brought Down a President. Estreouse o 7 de setembro de 2021.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Rose, Lacey. "Ryan Murphy Teases 'American Crime Story' Season 2, More 'American Horror Story' and Retooled 'Scream Queens'". Consultado o 17 de agosto de 2018.
- ↑ Sandberg, Bryn. "'American Crime Story': 10 Things to Know About Season 2". Consultado o 10 de setembro de 2016.
- ↑ FX Networks (ed.). "American Crime Story: The People v. OJ Simpson – Launch". Youtube.
- ↑ Gelman, Vlada (18 de xaneiro de 2015). TVLine, ed. "FX Boss Talks Ronald Reagan's Fargo Season 2 Role, The Americans' Future, Bridge Regrets and More". Consultado o 18 de xaneiro de 2015.
- ↑ Daley, Megan (12 de novembro de 2015). Entertainment Weekly, ed. "FX announces premiere dates for American Crime Story and more". Consultado o 22 de novembro de 2015.
- ↑ Goldberg, Lesley (6 de agosto de 2019). "Monica Lewinsky-Produced 'Impeachment' Set as Next 'American Crime Story' at FX". THR. Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2019. Consultado o 6 de agosto de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en inglés)
- American Crime Story na IMDb (en inglés).
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)