Antonio Carro Martínez
Antonio Carro Martínez, nado en Lugo o 3 de maio de 1923[1] e finado en Madrid o 10 de abril de 2020,[2] foi un xurista e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Antonio Carro era doutor en Dereito e licenciado en Ciencias Políticas e Económicas. Foi profesor de Dereito Político na Universidade de Madrid, substituíndo na cátedra a Fraga Iribarne,[2] e letrado do Consello de Estado. Pertenceu ao Corpo Técnico de Administración Civil e ao Corpo de Secretarios de Administración Local de primeira categoría. Foi procurador en Cortes en dúas lexislaturas das Cortes Españolas en representación do Instituto de Estudos Políticos e noutras dúas como representante familiar electo pola provincia de Lugo. Foi secretario xeral técnico do Ministerio da Gobernación e director do Instituto de Estudos de Administración Local.
Publicou tres libros sobre Dereito e Administración Pública, amais de diversos artigos en prensa especializada.
En 1973 foi nomeado director xeral de Administración Local, e foi o derradeiro ministro da Presidencia no 14º goberno do Franquismo (do 3 de xaneiro de 1974 ao 11 de marzo de 1975) e no 15º (do 11 de marzo ao 12 de decembro de 1975), con Arias Navarro como presidente.[2] Nesa etapa xogou un papel importante no desenvolvemento dos Acordos de Madrid, polos que España abandonaba o Sáhara.[2]
Foi deputado na Lexislatura constituínte de España e en catro lexislaturas máis, elixido por Alianza Popular pola provincia de Lugo. En 1982, diriixu a negociación para que 6 deputados da UCD - entre os que estaban Miguel Herrero de Miñón, Ricardo de la Cierva, Francisco Olivencia, Carlos Gila, Francisco Soler Valero, José Manuel Otero e José Luis Meilán - se pasaran ás bancadas de Coalición Democrática.[3]
Foi nomeado Fillo Predilecto da provincia de Lugo[2] e Fillo Adoptivo de Santiago de Compostela, e fóronlles concedidas as grandes cruces do Mérito Civil, Sanidade, Cisneros, do Xugo e as Frechas e de Carlos III.
Obra
[editar | editar a fonte]- Derecho Político (1965).
- Reflexiones sobre aspectos actuales de la Función Pública Española (1974).
- El Estado y las Fuerzas Armadas (1975).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "«Quién es quién en el nuevo Congreso de los Diputados»". abc.es (en castelán). 24 de novembro de 1982. Consultado o 12-4-2020.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 V.S., G. (12-4-2020). "El exministro y exdiputado lucense Carro Martínez fallece a los 96 años en Madrid". elprogreso.es (en castelán). Consultado o 12-4-2020.
- ↑ Prades, Joaquina (28 de xaneiro de 1982). "Miguel Herrero ultima con Antonio Carro el trasvase de seis diputados centristas a Coalición Democrática". elpais.com (en castelán). Consultado o 12-4-2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo Edicións. 2010-2011.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha en www.galegos.info.
- "Quién es quién en el nuevo Congreso de los Diputados", ABC, 24 de novembro de 1982 (en castelán).
- "Directores generales de España", ABC, 23 de xuño de 1973 (en castelán).
- Nados en Lugo
- Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia de Lugo
- Ministros do franquismo
- Personalidades do dereito
- Grandes cruces da Orde do Mérito Civil
- Deputados no Congreso dos Deputados (Lexislatura constituínte)
- Deputados no Congreso dos Deputados (I Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (II Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (III Lexislatura)
- Deputados no Congreso dos Deputados (IV Lexislatura)
- Políticos de AP
- Finados en 2020
- Nados en 1923