Antonio Stradivari
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1644 Cremona, Italia |
Morte | 18 de decembro de 1737 (92/93 anos) Cremona, Italia |
Actividade | |
Ocupación | violin maker (en) |
Instrumento | Violín |
Familia | |
Fillos | Francesco Stradivari, Omobono Stradivari |
Descrito pola fonte | Enciclopedia soviética armenia Dicionario Musical Riemann (1901–1904) Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Antonio Stradivari, nado no ano 1644 en Cremona, Lombardía e finado o 18 de decembro de 1737, foi un luthier italiano especialista en instrumentos de corda como violíns, violoncellos, guitarras, violas e arpas.[1]
Stradivari está considerado como o mellor e máis importante artesán no seu campo. A forma latinizada do seu apelido, Stradivarius, utilízase para referirse aos seus instrumentos. Estímase que ao longo da súa vida produciu 1 116 instrumentos, dos que 960 foron violíns. Tamén se estima que arredor de 650 deses instrumentos aínda se conservan,[2] dos que entre 450[3] e 512[4] son violíns.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ http://www.britannica.com/biography/Antonio-Stradivari Biografía en britannica.com
- ↑ Saunders, Emma (21 de xuño de 2011). BBC News, ed. "What makes the Stradivarius violin so special?". Consultado o 15 de maio de 2016.
- ↑ "The Big Question: Why do Stradivarius violins fetch so much, and are they worth it?". 4 de abril de 2007. Arquivado dende o orixinal o 02 de novembro de 2010. Consultado o 15 de maio de 2016.
- ↑ 5magazine.wordpress.com (ed.). "How many Antonio Stradivari instruments still exist in the world ?". Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2011. Consultado o 15 de maio de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Antonio Stradivari |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- StradivarisocietyArquivado 30 de decembro de 2017 en Wayback Machine. (en inglés)