Anatomía dun hospital
Anatomía dun hospital | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Hospital |
Director | Arthur Hiller |
Guión | Paddy Chayefsky |
Intérpretes | George C. Scott Diana Rigg Barnard Hughes Richard A. Dysart Stephen Elliott Andrew Duncan Donald Harron Nancy Marchand |
Música | Morris Surdin |
Fotografía | Victor J. Kemper |
Montaxe | Eric Albertson |
Distribuidora | United Artists |
Estrea | 14 de decembro de 1971 29 de marzo de 2014 (TVG) |
Duración | 103 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Comedia |
Recadación | $14 142 409[1] |
Na rede | |
Anatomía dun hospital (en inglés: The Hospital) é un filme estadounidense dirixido por Arthur Hiller[2] que se estreou en 1971. Está protagonizado por George C. Scott como Dr. Herbert Bock. Anatomía dun hospital foi escrito por Paddy Chayefsky, que foi galardoado co Oscar ó mellor guión orixinal na 44ª edición dos premios.[3] Chayefsky tamén narrou o filme e foi un dos seus produtores.
Estreouse en galego a través da TVG o 29 de marzo de 2014.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Nun hospital onde os pacientes morren debido a medicamentos equivocados e neglixencia xeneralizada, o doutor Herbert Bock, abandonado pola súa esposa e os seus fillos, pensa seriamente no suicidio. Quen o salva, mesmo da impotencia, é Barbara, por quen se apaixona. Barbara desexa levar o pai Edmund, ingresado no hospital, de volta a unha aldea indíxena onde posúen unha clínica. Mentres tanto, un misterioso asasino está a eliminar membros do corpo docente.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- George C. Scott como Dr. Herbert "Herb" Bock
- Diana Rigg como Miss Barbara Drummond
- Robert Walden como Dr. Brubaker
- Barnard Hughes como Edmund Drummond (acreditado) e Dr. Mallory (sen acreditar)
- Richard A. Dysart como Dr. Welbeck
- Stephen Elliott como Dr. John Sundstrom
- Andrew Duncan como William "Willie" Mead
- Donald Harron como Milton Mead
- Nancy Marchand como Mrs. Christie
- Jordan Charney como Hitchcock
- Roberts Blossom como Guernsey
- Lenny Baker como Dr. Howard Schaefer
- Richard Hamilton como Dr. Ronald Casey
- Arthur Junaluska como Mr. Blacktree
- Kate Harrington como Enfermeira Dunne
- Katherine Helmond como Mrs. Marilyn Mead
- David Hooks como Dr. Joe Einhorn
- Frances Sternhagen como Mrs. Sally Cushing
- Stockard Channing como Enfermeira E.R. (sen acreditar)
- Dennis Dugan como Doutor E.R.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ The Numbers (ed.). "The Hospital, Box Office Information". Consultado o 12 de xaneiro de 2012.
- ↑ Note that the film's opening credits explicitly give authorship of the film, not just the screenplay, to Chayefsky, who had complete control over the film's casting and content
- ↑
- The Hospital na IMDb (en inglés).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Anatomía dun hospital na IMDb (en inglés).
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)
- Filmes de 1971
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes dirixidos por Arthur Hiller
- Filmes de United Artists
- Filmes cuxo guionista gañou o Óscar ó mellor guión orixinal
- Filmes ambientados en Nova York
- Filmes preservados no National Film Registry
- Filmes de 1971 con versión en galego