Avelino Montero Villegas
Aparencia
(Redirección desde «Andrés Avelino Montero Villegas»)
Avelino Montero Villegas coa súa muller e filla, retrato en Vida Gallega, 1920. | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | agosto de 1875 Madrid, España |
Morte | 24 de agosto de 1923 (47/48 anos) París, Francia |
Deputado das Cortes | |
Senador do Reino | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Familia | |
Pai | Eugenio Montero Ríos |
Irmáns | Eugenio Montero Villegas |
Andrés Avelino Montero Villegas, nado en Madrid en agosto de 1875 e finado en París o 24 de agosto de 1923[1], foi un político español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Eugenio Montero Ríos. Estudou Dereito e abriu un bufete en Madrid. Nada máis cumprir a idade regulamentaria, a familia situouno como deputado polo distrito de Mondoñedo (1901), no que se enfeudou durante seis lexislaturas (1901-1916). Desde 1916 até a súa morte foi senador pola provincia de Lugo. A protección de menores foi a súa gran preocupación e ocupación intelectual e social.
Obra
[editar | editar a fonte]- Tribunales para niños (Madrid, 1913). Artigos publicados en La Correspondencia de España, con prólogo de Henry Carton de Wiart.
- Memoria elevada al Gobierno de S. M. en la solemne apertura de los Tribunales en 1916
- Antecedentes y comentarios a la Ley de Tribunales para niños (1919)
- La Ley de Tribunales para niños en España (1921). Memoria presentada no segundo Congreso Internacional de Protección á Infancia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Couceiro Freijomil, A. (1952). "MONTERO-RÍOS Y VILLEGAS, Ramón". Diccionario bio-bibliográfico de escritores (en castelán) II. Santiago de Compostela: Bibliófilos Gallegos. p. 439.