Andrade (apelido)
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2016.) |
Andrade é un apelido galego, probabelmente orixinario da vila de Andrade en Pontedeume, que tamén aparece rexistrado en ocasións como Andrada e aparece por primeira vez en documentos galegos do século XII.
Familia aristócrata de Andrade
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Casa de Andrade.
A finais do século XII, comeza a tomar importancia unha familia orixinaria de Andrade cuxas vilas o rei D. Henrique II fixo mercede a seu privado Fernán Pérez de Andrade, descendente de Bermudo Peres de Traba Freire de Andrada que, segundo os xenealoxistas, proviña dos antigos condes de Traba e Trastámara. Esta familia chegaría a dominar as terras de Ferrol, Pontedeume, Betanzos e Vilalba.
Os mesmos xenealoxistas sosteñen que os Andrades - ou Andradas - ligáronse por diversas veces aos Freires, razón por que os dous apelidos pasaron a considerarse indisociábeis, usando uns Andrade Freire, outros Freire de Andrade.
Segundo parte da historiografía actual, a familia Andrade non descende dos condes de Traba e Trastámara, e a orixe dos Freire de Andrade débese a un dictus (alcume) dun dos seus membros.
A día de hoxe, as propiedades que no seu día pertenceron aos Condes de Andrade e Vilalba, forman parte das moitas outras posesións da Casa de Alba.
A esta familia pertenceron algúns personaxes importantes da historia de Galiza, como:
- Fernán Pérez de Andrade, O Boo
- Pedro Fernández de Andrade
- Nuno Freire de Andrade, o Mao
- Pedro Fernández de Andrade II
- María de Andrade
Os Andrade en Portugal e no Brasil
[editar | editar a fonte]As principais ramas portuguesas proveñen de Rui Freire de Andrade (1295-1362), que se foi a Portugal cos seus dous fillos D. Nuno Rodrigues Freire de Andrade (c. 1300-1372), máis tarde 6º mestre da Orde de Cristo, e Vasco Freire.
Xoán Fernandes de Andrade, fillo de Fernán Dias de Andrade e de D. Beatriz da Maia, serviu aos reis D. Afonso V e D. João II nas tomas de Arzila e de Tánxer e en recompensa dos seus servizos tivo mercede nova de armas (28 de febreiro de 1485), alén da doazón, na illa de Madeira, das terras do Arco da Calheta.
Distribución do apelido na actualidade
[editar | editar a fonte]Andrade é un apelido relativamente frecuente en España, Portugal, Iberoamérica, os Estados Unidos de América e as ex-colonias portuguesas en África.
Andrades célebres
[editar | editar a fonte]- Fernando de Andrade y Sotomayor (1565-1655), arcebispo de Santiago.
- Antonio Freire de Andrade (1580–1634).
- Carlos Drummond de Andrade (1902–1987), poeta brasileiro.
- Edward Neville Da Costa Andrade (1887-1971), escritor e científico Inglés.
- Francisco d'Andrade (1859–1921), cantante de ópera portugués.
- Gomes Freire de Andrade (1757–1817), xeneral portugués.
- Mário Corino de Andrade (1906-2005), neurólogo portugués.
- Mário Raúl de Morais Andrade (1893–1945), poeta, novelista e ensaísta brasileiro.
- Olegario Víctor Andrade (1841–1882), escritor arxentino.
- Oswald de Andrade (1890–1954), Escritor, ensaísta e dramaturgo brasileiro.
- Marco Tabili de Andrade y Feria (1989), secretario Casa de Savoia - Aosta.
- Leonor Andrade (1994), cantora portuguesa.