Anselmo Villar Amigo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1851 Malpica de Bergantiños, España |
Morte | 1918 (66/67 anos) Buenos Aires, Arxentina |
Actividade | |
Ocupación | político |
Anselmo Villar Amigo, nado en Malpica de Bergantiños en 1851 e finado en Bos Aires en maio de 1918[1], foi un empresario e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Emigrou moi novo a Buenos Aires, onde desenvolveu múltiples actividades, sendo un dos fundadores e presidente de La Cantábrica, empresa de fundición e laminado de ferro, onde empregou a moitos galegos. Foi síndico e directivo do Banco Español del Río de la Plata, vinculado ao mundo das remesas emigrantes, e presidente da Asociación Española de Socorros mutuos. Foi concelleiro de Bos Aires.
Enviou diñeiro para obras na súa vila natal: a rampla do antigo porto, o murallón, a praza de abastos e a Fonte de Baixo (inaugurada en 1897, a primeira traída de auga a Malpica).
Situado na órbita de Eugenio Montero Ríos, foi elixido deputado a Cortes polo distrito de Corcubión en 1905 en disputa con Ramón Sanjurjo Neira. Villar controlaba un bo número de votos en Malpica grazas aos favores repartidos entre as costureiras da zona, ás que desempeñara as máquinas depositadas no Monte de Piedade e regalado da súa conta duascentas. Volveu ser elixido deputado polo distrito de Muros na elección parcial convocada do 11 de xuño de 1911, despois de que Eugenio Montero Villegas renunciase a acta obtida en 1910.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- Foi condecorado coa Gran Cruz de Isabel a Católica.
- Unha rúa de Malpica leva o seu nome. En 1957 colocouse un busto seu na Fonte de Baixo de Malpica.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Necrolóxica en El Ideal Gallego, 31-5-1918, p. 1-2.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Varela Ortega, José (2001). Centro de Estudios Políticos y Constitucionales, ed. El poder de la influencia : Geografía del caciquismo en España (1875-1923). Madrid. p. 363. ISBN 84-259-1152-4.
- Fernández, Alejandro E.: "Los gallegos dentro de la colectividad y as asociaciones españolas", en Núñez Seixas, X. M. (edit.): Galicia Austral: la inmigración gallega en la Argentina. Bos Aires: Editorial Biblos 2001, p. 149.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha no Congreso do DeputadosArquivado 16 de outubro de 2019 en Wayback Machine.