Saltar ao contido

Aasiaat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaAasiaat
Imaxe

Localización
Mapa
 68°42′35″N 52°52′10″O / 68.7097, -52.8694
EstadoDinamarca
País autónomoGroenlandia
ConcelloQeqertalik Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación3.069 (2020) Editar o valor en Wikidata (0,77 hab./km²)
Xeografía
Superficie4.000 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude1 m Editar o valor en Wikidata
Creación1759 Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal3950 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Outro
Irmandado con
Árborg (pt) Traducir
Selfoss (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Sitio webaasiaat.gl… Editar o valor en Wikidata

Aasiaat é unha vila do concello de Qeqertalik, no oeste de Groenlandia, localizada no arquipélago de Aasiaat no sur da baía Disko. A poboación era 3 113 en 2011[1], a quinta por poboación do país.

A orixe da vila é un establecemento fundado en 1759 por Niels Egede co nome de Egedesminde, a localización estaba ao norte de Nordre Strømfjord, a 125 km ao sur da localización actual, mais en 1763 desprazouse á súa localización actual. A maior parte dos seus habitantes era cazadores de baleas. Varios andazos de varíola afectaron á poboación nativa sobre todo na década de 1770, despois a poboación estabilizouse e a principios do XIX comezou a aumentar, pasando de 390 veciños en 1805 a 1269 en 1901. Durante a segunda guerra mundial serviu como lugar de fornecemento para as tropas norteamericanas establecidas en varias vilas da rexión. En 1942 estableceuse unha estación meteorolóxica. Na década de 1950 constriuiuse unha central eléctrica e un posto de telecomunicacións. E en 1998 abriuse unha pista aérea que aumentou o heliporto que xa existía.