Abando (barrio)
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | País Vasco | |||
Provincia | Biscaia | |||
Comarcas | Gran Bilbao | |||
Concello | Bilbao | |||
Districts of Bilbao (en) | Abando | |||
Poboación | ||||
Poboación | 24.135 (2023) (20.628,21 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 1,17 km² | |||
Abando é un barrio do distrito de Abando da cidade de Bilbao. Ten unha superficie de 11,6 km² e unha poboación de 23.407 habitantes (2008).
Limita ao norte co barrio de Deustuko Doneperiaga, ao oeste con Indautxu e Ametzola, ao sur con San Frantzisko e Zazpikaleak e ao leste con Gazteleku. O centro tradicional do barrio son os Xardíns de Albia, onde se situaba a praza maior da elizate de Abando antes de anexionarse a Bilbao.
Mentres que o centro do barrio sempre tivo un uso residencial, coas vivendas máis grandes e caras da cidade, a zona máis próxima á ría tivo un uso exclusivamente industrial. Así, na contorna da ría, a zona de Abandoibarra, predominaron os estaleiros, entre eles o máis importante Estaleiros Euskalduna. Ademais, tamén se situaron aquí outras empresas relacionadas coa construción naval. Hoxe en día, con todo, toda a zona industrial desapareceu, dando paso a unha rexeneración da zona de Abandoibarra e Uribitarte.