Saltar ao contido

Abraham Lloriente Sánchez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAbraham Lloriente Sánchez
Biografía
Nacementoc. 1912 Editar o valor en Wikidata
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Morte15 de novembro de 1943 Editar o valor en Wikidata (30/31 anos)
Xinzo, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte en combate, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmaquis, traballador ferroviario Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 1725

Abraham Lloriente Sánchez, coñecido como Madrileño, nado en Madrid cara a 1912 e finado en Xinzo (Ponteareas) o 15 de novembro de 1943, foi un guerrilleiro antifranquista.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Ferroviario asentado en Vigo, na República foi elixido vogal da sección xuvenil da agrupación local do Partido Republicano Radical Socialista que presidía José Acuña, en 1933.[1] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte.[2] Reclamado por requisitoria en xuño de 1937 xunto con Roberto Oya Alonso, Álvaro Ballesteros Estévez, Guillermo Santos Caride, Eugenio González Fernández, Fermín Pais Alonso e outros veciños de Lavadores fuxidos,[3] foi xulgado por rebelión militar e declarado en rebeldía. Integrouse no grupo de José García Morales e Ramón Pereira Antelo cos que participou nalgunhas accións dende 1942. En abril de 1943 foi procesado por roubo e asasinato do veciño de Petelos Fructuoso Costas Giráldez (o garda cívico que rematou a Manuel González Fresco), con José García Morales, Ramón Pereira Antelo, Manuel Simón Campos e José Luís Quintas Figueroa.[4] Morreu asasinado en Xinzo o 15 de novembro de 1943.

  1. El Pueblo Gallego, 16-4-1933, p. 4.
  2. Requisitoria en El Pueblo Gallego, 10-9-1936, p. 4.
  3. El Pueblo Gallego, 18-6-1937, p. 2.
  4. Requisitoria, El Pueblo Gallego, 17-4-1943, p. 2.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. p. 92. ISBN 84-8485-231-8.