Agnès Varda
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2014.) |
Agnès Varda, nada o 30 de maio de 1928 en Ixelles (Bruxelas) e finada en París o 29 de marzo de 2019,[1] foi unha fotógrafa e directora francesa de cinema.
Foi a única muller directora da Nouvelle Vague.[1] Entre a súa filmografía destacan La Pointe courte, Cleo de 5 a 7, Ulysse, Sans toit ni loi, Jacquot de Nantes, Les Glaneurs et la Glaneuse, Deux ans après, Les Plages d'Agnès e Visages, villages .
Foi galardoada co premio César en 2001, co René-Clair da Academia Francesa en 2002, coa Palma de Honra do Festival de Cannes en 2015 e co Óscar honorífico en 2017,[2] e coa Cámara da Festival Internacional de Cinema de Berlín en 2019, todos destinados a homenaxear o conxunto da súa carreira cinematográfica.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Filla de pai grego e nai francesa, pasou a súa infancia en Bélxica. A súa familia fuxiu da ocupación alemá en 1940 cara Sète, Francia, onde Agnès Varda pasou a súa adolescencia.[3] Viviu e traballou en París. Foi considerada por algúns críticos de cinema a "avoa da nouvelle vague". Os seus filmes, documentais e vídeo-instalacións amosan todos eles un carácter realista e social. Toda a súa obra presenta un estilo experimentalismo distintivo. En 1985, co documental "Vagabond" obtivo o León de Ouro do Festival de Cine de Venecia.
Obra
[editar | editar a fonte]- Varda por Agnès, documental[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Adiós a Agnès Varda, la potente voz femenina de la Nouvelle Vague". La Voz de Galicia (en castelán). 29 de marzo de 2019. Arquivado dende o orixinal o 30 de marzo de 2019. Consultado o 30 de marzo de 2019.
- ↑ "Agnès Varda reçoit un Oscar d’honneur pour l’ensemble de sa carrière". Le Monde.fr (en francés). 12 de novembro de 2017. Consultado o 30 de marzo de 2019..
- ↑ "Varda, Agnès". Dictionnaire des ats plastiques modernes et contemporains (en francés). Consultado o 30 de marzo de 2019..
- ↑ "Inspirar, crear y compartir: tres palabras clave para entender el testamento fílmico de Agnès Varda". eldiario.es (en castelán). Consultado o 2019-07-08.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Agnès Varda |
- Ciclo de cine do CGAI dedicado a Agnès Varda .
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |