Ainu Mosir
Ainu Mosir | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | アイヌモシㇼ |
Director | Takeshi Fukunaga |
Produtor | Eric Nyari Harue Miyake |
Guión | Takeshi Fukunaga |
Intérpretes | Kanto Shimokura Debo Akibe Emi Shimokura Toko Miura Lily Franky |
Música | Clarice Jensen |
Fotografía | Sean Price Williams |
Montaxe | Keiko Deguchi |
Estrea | Festival de Cinema de Tribeca: abril de 2020[1] |
Duración | 84 minutos |
Orixe | Xapón China Estados Unidos |
Xénero | Drama |
Na rede | |
Ainu Mosir (en ainu: アイヌモシㇼ; lit. a terra dos ainus; Hokkaido) é un filme de 2020 dirixido por Takeshi Fukunaga. É unha coprodución entre o Xapón, a China e os Estados Unidos, e conta a historia dun rapaz ainu e os seus conflitos entre os seus pensamentos persoais, o Xapón moderno e o xeito tradicional de vida dos ainus. O filme estreouse no Festival de Cinema de Tribeca en abril de 2020.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Kanto é un rapaz ainu de 14 anos que vive nunha pequena vila en Hokkaido.[2] A súa nai ten unha tenda de agasallos ainu, despois de que o seu pai morrese. Kanto está descontento coa vida na vila, e desexa afastarse dela e da súa herdanza ainu, e vivir nunha gran cidade moderna. A vila en si é unha comunidade ainu tradicional que sobrevive a través da industria do turismo.
Despois da morte do seu pai, entra en contacto cun ancián ainu, Debo (Debo Akibe), un amigo do seu pai, que lle mostra algúns dos camiños dos ainus. Os residentes ainus da vila están recuperando unha tradición perdida chamada Iomante, unha controvertida matanza ritual dun oso, coa que algúns están de acordo, e outros ven como unha práctica que debería cambiarse. Kanto descobre o oso, gardado en segredo no bosque. Unha xornalista xaponesa (Lily Franky), visita a vila e entrevista os ainus sobre a súa situación actual, tratando tamén o ritual Iomante. Kanto segue visitando o oso no bosque, facendo amizade con el, e despois decide que non está de acordo co ritual.[3]
Kanto atopa cintas de vídeo dos rituais de Iomante e míraas. Kanto comeza a descubrir a súa cultura, incluíndo algúns dos elementos máis místicos, e finalmente chega a apreciar algúns dos rituais.[4]
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Kanto Shimokura como Kanto
- Debo Akibe como Debo
- Emi Shimokura como Emi
- Lily Franky como xornalista xaponesa
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ainu Mosir". Tribeca Film Festival. Arquivado dende o orixinal o 17 de novembro de 2020. Consultado o 19 de decembro de 2020.
- ↑ Winkelman, Natalie (17 de novembro de 2020). "'Ainu Mosir' Review: A Crisis of Cultural Identity". The New York Times.
- ↑ Schilling, Mark (21 de outubro de 2020). "'Ainu Mosir': A coming-of-age tale, respectfully told". The Japan Times.
- ↑ Lang, Jamie (11 de novembro de 2020). "Ava DuVernay's Array Releasing Drops Trailer for Takeshi Fukunaga's Netflix-Bound 'Ainu Mosir'". Variety.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ainu Mosir na IMDb (en inglés).