Aisne
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2015.) |
Epónimo | Rio Aisne (pt) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Francia | ||||
Divisións administrativas | Francia Metropolitana | ||||
Rexións | Altos de Francia | ||||
Capital | Laon | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 527.468 (2021) (71,58 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 7.369 km² | ||||
Punto máis alto | Q26842902 (295 m) | ||||
Comparte fronteira con | Marne, sueste Norte, Francia, norte Ardenas, leste Provincia de Hainaut, Nordés Somme, noroeste Sena e Marne, Suroeste Oise, oeste Jemmapes (en) (1795–1814) | ||||
Creación | 4 de marzo de 1790 | ||||
Organización política | |||||
• Presidente | Nicolas Fricoteaux (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | FR-02 | ||||
Código NUTS | FR221 | ||||
Código de departamento INSEE | 02 | ||||
Sitio web | aisne.com | ||||
Aisne (02) é un departamento francés situado no noroeste de Francia, que pertence á rexión do Alta Francia. O seu nome vén do río Aisne, o cal atravesa o departamento.
Historia
[editar | editar a fonte]O departamento de Aisne é un dos 83 departamentos formados trala Revolución francesa o 4 de marzo de 1790. O departamento de Aisne creouse a partir da segregación das provincias de Île-de-France, Picardía, e da Champagne.
A maioría dos bosques da zona, foron destruídos durante a segunda guerra mundial. A ofensiva francesa na Chemin des Dames na primavera de 1917 é coñecida ás veces como a Segunda batalla de Aisne.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Aisne bordea a rexión de Ardenas e Bélxica polo nordeste. O río Aisne percorre o departamento de leste a oeste, onde se une ao río Oise. A paisaxe do departamento está dominada polas rochas. Destacan sobre todo as paisaxes rochosas de Laon e de Chemin des Dames.
As principais cidades de Aine son:
- Laon, pob. 26.000 (capital)
- Saint-Quentin, pob. 60.000
- Soissons, pob. 30.000
- Tergnier, pob. 15.000
- Château-Thierry, pob. 14.967
Clima
[editar | editar a fonte]Aine ten unha media de precipitacións de entre 500 e 750 mm ao ano.
Economía
[editar | editar a fonte]A agricultura domina a economía de Aisne. Destacan especialmente os cereais e a remolacha. A seda, o algodón, e a la destacan en Saint-Quentin. Saint-Gobain é coñecida pola súa produción de espellos, que vén xa dende o século XVII. Guise é o centro agrícola da parte setentrional de Aisne.
Cultura
[editar | editar a fonte]Durante a segunda guerra mundial destruíronse numerosas construcións de interese arquitectónico. Das construcións que sobreviviron, as igrexas medievais de Laon, Braine, e Urcel son as máis importantes. Tamén destaca o castelo de La Ferté-Milon, en ruínas na actualidade.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Château de Condé, preto de Château-Thierry.
-
Concello de Saint-Quentin.
-
Concello de Château-Thierry.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aisne |