Saltar ao contido

Alto Gállego

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaAlto Gállego

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°38′N 0°09′O / 42.63, -0.15
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAragón
ProvinciaProvincia de Huesca Editar o valor en Wikidata
CapitalSabiñánigo Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Comparte fronteira con

O Alto Gállego (en aragonés: Alto Galligo) é unha comarca situada ao norte de Aragón e que ocupa a práctica totalidade do curso alto do río Gállego. A súa capital administrativa é Sabiñánigo.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Limita ao oeste coa Jacetania, ao leste co Sobrarbe e o Somontano de Barbastro, ao sur coa Hoya de Huesca e ao norte con Francia (departamentos de Altos Pireneos e Pireneos Atlánticos). Está situada entre o Prepireneo e o Pireneo e as altitudes dos núcleos habitados oscilan entre os 650 e os 1.300 metros. Atópase rodeada de grandes bosques de máis de 50.000 hectáreas.

Historicamente formaba parte da Jacetania, sendo o núcleo orixinal do antigo condado de Aragón. Os territorios históricos que a integran son o val de Tena, a terra de Biescas e o Serrablo.

Concellos

[editar | editar a fonte]
Concello Extensión
(km²)
Poboación (2008)
(hab.)
Densidade
(hab./km²)
Biescas 189,1 1.712 9,05
Caldearenas 192,3 230 1,20
Hoz de Jaca 12,5 72 5,76
Panticosa 95,9 837 8,73
Sabiñánigo 586,8 10.112 17,23
Sallent de Gállego 162,1 1.376 8,49
Yebra de Basa 90,9 154 1,69
Yésero 30,2 77 2,55
1.359,8 14.570 10,71

Xunto co castelán que é a lingua oficial e máis empregada, a lingua propia do Alto Gállego é o aragonés, falándose a súa variedade de aragonés central. Destacan entre os escritores en aragonés no Alto Gállego Ricardo Mur Saura, Óscar Latas Alegre ou Máximo Palacio.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]