Saltar ao contido

Alagna

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Castelo de Alagna

Alagna (en lombardo Làgna) é unha comuna italiana da provincia de Pavia, na rexión da Lombardía.

Xeografía

[editar | editar a fonte]
Situación de Alagna na provincia de Pavia

Situada a unha altitude media de 92 msnm, ocupa unha superficie de 8,34 km².

O ano 2019 contaba cunha poboación de 822 habitantes,[1] polo que a súa densidade de poboación nese ano era de 98,56 hab./km².

Evolución demográfica

[editar | editar a fonte]
Gráfica de evolución demográfica de Alagna entre 1861 e 2001
Fonte ISTAT - elaboración gráfica de Wikipedia

Alagna formou parte do Ducado de Milán desde 1360 até 1466, cando foi enfeudado por Francesco Sforza á familia Malaspina. Aínda se conserva o castelo renacentista de Malaspina (1534), hoxe residencia privada. A igrexa parroquial remóntase a principios do século XIX. A economía é principalmente agrícola con produción de arroz, trigo e forraxes.[3]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]