Alan Menken
Alan Irwin Menken,[1] nado o 22 de agosto de 1949, é un compositor e pianista estadounidense de música para cine e teatro. Menken é coñecido por crear as bandas sonoras dos filmes de Walt Disney Animation Studios. As súas composicións de The Little Mermaid, Beauty and the Beast, Aladdin e Pocahontas valéronlle dous Premios Oscar por cada filme. Tamén compuxo as bandas sonoras de Little Shop of Horrors, The Hunchback of Notre Dame, Hercules, Newsies, Home on the Range, Enchanted, Tangled, The Shaggy Dog e Mirror Mirror.
Menken colaborou en numerosas ocasións cos letristas Howard Ashman, Tim Rice, Glenn Slater, Stephen Schwartz e David Zippel. Con oito Premios Oscar (catro á mellor banda sonora e catro á mellor canción orixinal), Menken é o segundo gañador de máis premios Oscar nunha categoría musical, despois de Alfred Newman que ten nove Oscars.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Alan Menken Discography at Discogs". Consultado o 13 de agosto 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Alan Menken |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- alanmenken.com (en inglés)
- Ficha en IBDb (en inglés)